O Ibaizabal acaba coa xeira positiva do Arxil nun vibrante partido (77-80)
Por Redacción
A punto estivo o Arxil de prolongar a súa serie de resultados ante un dos cocos da liga Feminina 2 como o GDKO Ibaizabal, pero ás verdes falláronlle as forzas no momento decisivo (77-80).
Non puido lograr o cadro pontevedrés o seu sexto triunfo consecutivo porque as visitantes remontaron no último cuarto de partido. Ata entón as verdes foran superiores na pista mostrando un gran nivel de xogo.
Apoiadas nunha sensancional Yanique Gordon, que logrou 32 puntos e 8 rebotes con 38 de valoración, as xogadoras arxilistas mandaron no electrónico desde o vibrante primeiro cuarto (26-19).
A renda baixou lixeiramente ao descanso, coa defensa verde dando o máximo aínda que sen conseguir parar á estadounidense Roundtree (48 de valoración con 29 puntos e 12 rebotes), pero as de Mayte Méndez recuperaron o terreo perdido chegando ao último e definitvo parcial sete puntos arriba (62-55).
Foi entón cando o Ibaizabal tirou de galóns para meter unha marcha máis en ataque e remontar nos últiimos segundos.
Consulta aquí as estatísticas do partido.
Relacionadas:
-
Ausencias na volta ao traballo do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil planifica un dobre amigable para a primeira fin de semana do ano
Por Diego Espiño |
-
Asalto arxilista á zona de play-off ante o colíder Ibaizabal
Por Redacción |
-
Traballado triunfo en Canarias para un Arxil lanzado (61-66)
Por Redacción |