O Cisne convence na súa estrea vencendo ao Academia Octavio (20-21)
Por Redacción
Boas sensacións do Club Cisne no seu primeiro partido de pretempada, un esixente duelo ante un rival da súa liga como o Academia Octavio.
Foi unha primeira pedra de toque para os de Edín Covelo, que demostran dende o primeiro día que non chegaron á División de Honra Prata de paseo e teñen toda a intención de asentarse na categoría.
O partido disputado no pavillón vigués das Travesas caracterizouse pola igualdade, con imprecisións en ataque propias desta época do ano e bastante intensidade defensiva, malia os poucos adestramentos que levan ás súas costas ambos os dous equipos.
Os dous adestradores optaron por rotar a boa parte dos seus planteis, pero non descendeu o nivel na pista cun Cisne que chegou ao descanso con dous tantos de vantaxe (11-13).
O Octavio reaccionou nos primeiros minutos do segundo tempo igualando de novo o choque, que se decidiu nos últimos minutos a favor dos pontevedreses cun apertado 20-21 final.
Todo un golpe de moral para o Cisne, que malia iso aínda ten moito traballo por diante para chegar en boa forma ao debut ligueiro ante o Alcobendas.
Relacionadas:
-
O Octavio toma a revancha e vence o Cisne no segundo partido de pretempada (21-26)
Por Redacción |
-
"Seguimos crecendo grazas a ti", mensaxe do Cisne aos seus seguidores coa nova campaña de socios
Por Diego Espiño |
-
O Cisne ficha a Guillermo Rial e dá por pechado o plantel
Por Redacción |
-
Alcobendas na casa, primeiro compromiso ligueiro do Cisne en División de Honra Prata
Por Redacción |