A '4 Picos Bike & Trail' terá segunda edición en 2016 e márcase como obxectivo dobrar a participación
Por Diego Espiño
O éxito de participación obtido pola Pontevedra 4 Picos Bike & Trail o pasado 19 de abril, con 1.400 participantes e "peticións para 400 ou 500 máis", empurrou o Concello e a empresa organizadora, Global DxT, a anunciar xa unha segunda edición.
A cita deportiva terá continuidade en 2016 pero farao con obxectivos ambiciosos, incrementando o límite de inscrición para as probas de BTT ata os 2.500 deportistas e o Trail ata os 600 avanzando no reto de "convertila nunha proba de referencia nacional", explicou Víctor Cimadevila.
Será unha principais das novidades nas que se traballa. A outra, ampliar a dous os días de celebración para separar ambas as dúas modalidades.
A través dunha enquisa a organziación preguntou o parecer dos participantes ao respecto, e dada a boa acollida decidiuse que o BTT, nas variantes de 60 e 120 quilómetros, se dispute durante a xornada do sábado.
Será unha vez máis a proba estrela, con ascensións aos catro picos que deron nome ao evento: Castiñeiras, A Fracha, Pontillón do Castro e A Escusa.
Para o domingo quedaría o Trail de 15 ou 30 quilómetros completando un intenso fin de semana, que se manterá no calendario a mediados do mes de abril.
Segundo explicaron tras unha reunión co concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, entre os aspectos a mellorar se encontra "o inicio da proba para evitar embotellamentos", sinalou Víctor Cimadevila, que pasaría por un pequeno cambio de trazado e por "cortar o paseo de Lérez para evitar problemas", engadiu Fernández.
Relacionadas:
-
A Pontevedra 4 Picos Bike & Trail dobra a participación na súa segunda edición
Por Diego Espiño |
-
A 4 Picos Bike & Trail pasa dos 1.300 inscritos para a súa segunda edición
Por Redacción |
-
Apertura de inscricións para a 4 Picos Bike & Trail, que na súa segunda edición amplía prazas
Por Redacción |
-
A 'Pontevedra 4 Picos Bike & Trail' estréase ao grande
Por Diego Torrado |
-
Quenta motores a primeira 'Pontevedra 4 Picos Bike & Trail', unha proba "para toda la ciudad"
Por Diego Espiño |
-
Éxito de inscrición na primeira edición da Pontevedra 4 Picos Bike & Trail
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra aposta polo BTT cun calendario anual de catro probas
Por Diego Espiño |