As ligas Benxamín e Promesas congregan en Rías do Sur a preto de 250 nadadores
Por Redacción
A sexta xornada da Liga Benxamín e a cuarta do a Liga Promesas encheron de cor o pasado sábado a piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur.
Foi unha intensa xornada deportiva coa presenza de 250 nadadores, 120 deles no torneo Promesas con presenza de clubs como CN Ponteareas, CN Villagarcia, CN Rías Baixas, RCN de Vigo, CN Codesal e CN Redondela, ademais do organizador, o Club Natación Galaico.
Os máis pequenos nadaron dúas probas cada un, os 25 bolboreta e os 50 costas.
Os mesmo clubs participaron na categoría Benxamín, cos nenos nadando por primeira vez os 400 libre.
A competición de base volverá o próximo fin de semana a Pontemuiños coa Liga Alevín.
COPA DE ESPAÿA ABSOLUTA EN GIJÿN
Por outro lado o club pontevedrés prepara xa unha das grandes citas da tempada, que terá lugar do 1 ao 3 de maio nas instalacións do CN Santa Olaya de Gijón.
Trátase da Copa de España Absoluta de Primeira División, na que o club pontevedrés comparece como o único club galego co obxectivo de pelexar pola permanencia na categoría feminina.
Para iso o Galaico desprazará a Asturias 12 nadadoras e un adestrador, tendo como rivais a CN Mataró, CN Churriana, CN Granollers, CN Palma, CN Santa Olaya, CN Mairena Aljarafe e CN Atlético Barceloneta.