Novo burato na economía do Pontevedra: 131.000 euros en perdas da pasada tempada
Por Ramiro Espiño
Luns, 20 de abril. Teatro Principal. ÿ a data e o lugar elixido polo Pontevedra CF SAD para presentar ante os seus accionistas as contas correspondentes á pasada tempada, 2013/2014, xunto co presuposto da actual, e que están a disposición de calquera accionista que desexe consultalas previamente.
A cabalo entre ambas as dúas tempadas, cambios substanciais no órgano de dirección e xestión da Entidade, o seu consello de administración, no que se produciu o relevo na presidencia, que pasou de estar ocupada por José Manuel Fernández a ser desempeñada por Lupe Murillo, cuxo equipo de colaboradores máis próximo se incorporou na anterior xunta, celebrada no mes de febreiro de 2014, permanecendo no consello tras o devandito relevo.
Nesa xunta, cuxa data sofre un considerable atraso con respecto ao establecido estatutariamente, os accionistas coñecerán oficialmente os números da entidade, ademais de ter que someter a ratificación o nomeamento da actual presidenta, elixida polo sistema de cooptación.
E neses números os asistentes encontraranse, un ano máis, como desgraciadamente parece ser tradición na entidade granate dende hai bastantes anos, cun novo burato na economía do club, materializado nunha perdas (déficit) da tempada 2013/2014, que ascende a 131.354,85 euros.
As contas que se someten a aprobación corresponden ao ano en que a presidencia estivo ocupada por José Manuel Fernández
Iso é o que reflicte a conta de resultados, cuxa xestión corresponde ao ano en que a presidencia estivo a cargo de José Manuel Fernández, como consecuencia de que os ingresos totais do exercicio económico se elevaron a 607.924,20 euros, sumada a cifra de negocio, ingresos extraordinarios e subvencións, mentres os gastos ascenderon a 739.279,05 euros.
Se temos en conta que o presuposto que fora aprobado para a tempada 2013/2014 era de 628.400 euros, encontrámonos con que os ingresos xerados se quedaron lixeiramente por debaixo do presupostado, mentres os gastos se dispararon sobre o devandito presuposto en máis de 110.000 euros.
A situación que presenta o balance e conta de resultados da sociedade indica tamén que as perdas sufridas nas actividades ordinarias alcanzaron unha cifra alarmante, chegando a preto de 240.000 euros, mentres que as perdas totais antes de impostos ascenden a 171.524,44 euros.
Os fondos propios volven ser negativos, aínda que as contas aínda non recollen a redución e ampliación de capital
Como consecuencia de todo iso, os fondos propios da sociedade volven ser negativos, quedando en -8.766,67 euros, se ben este ratio non é de todo real, xa que nel non está considerada a aplicación da redución e ampliación de capital realizada, que o consello de administración non reflectiu no exercicio 2013/2014, deixándoo para facelo no actual, segundo indican no informe de xestión "por las fechas de inscripción en el registro mercantil".
Pero con ser preocupante este novo burato, que se suma ás débedas que segue arrastrando o club tras o proceso concursal que atravesou, o informe da auditoría que será presentado igualmente aos accionistas, recolle unha salvidade no seu punto 2, que di textualmente: "No hemos tenido respuesta de la Agencia Tributaria a nuestra solicitud de información de la deuda total de la entidad al cierre del ejercicio 2014/2014, por lo que no hemos podido verificar la exactitud del saldo contable neto que presentan las cuentas de la Hacienda Pública a dicha fecha, y que asciende a 528.044,19 euros. A la fecha de terminación del ejercicio 2013/2014 no figuran registrados contablemente todos los recargos y gastos financieros pendientes de pago que hayan podido devengarse hasta el 30 de junio de 2014 por dicha deuda total con la Hacienda Pública".
O Balance reflicte unha débeda de 1.300.000 euros con Facenda, Seguridade Social e persoal, tanto deportivo coma non deportivo
ÿ dicir, que a débeda do Pontevedra coa Facenda Pública, lonxe de amortizarse, segue crecendo, xa que se ben pasou de ter o pasado ano 504.164,66 euros á cantidade antes indicada, cun mínimo descenso de 24.000 euros, como sinala o auditor, están sen contabilizar as posibles recargas e intereses que poidan corresponder polo non pagamento da devandita débeda total.
Mesmo o Pasivo do balance recolle no apartado de débedas non comerciais, que a cantidade que se debe ás administracións públicas (Facenda e Seguridade Social) se eleva a 768.818,73 euros, estando contabilizadas tamén no devandito epígrafe 65.825 euros, no apartado de "otras deudas", 175.803,56 euros, como "Remuneraciones pendientes de pago a la plantilla deportiva" e 35.360,34 euros, como "Remuneraciones pendientes de pago al personal no deportivo".
Se a iso sumamos outra partida de débeda que sufriu un considerable incremento en relación coa tempada anterior, duplicando o seu saldo, como é a que figura no epígrafe "Deudas por compras o prestaciones de servicios", cuxo saldo se eleva a 285.119,51 euros, a sociedade segue enfrontándose a unha situación económica moi delicada, con débedas contabilizadas por máis de 1.300.000 euros.
Relacionadas:
-
Lupe Murillo supera sen oposición a súa primeira xunta de accionistas do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
O Pontevedra fixa a súa Xunta Xeral de Accionistas para o luns 20 de abril
Por Redacción |
-
Lupe abandona o consello, Argibay entra e Tilve dá un golpe de man na xunta de accionistas do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
As contas do Pontevedra inclúen catro Trofeos Luis Otero que non pertencen ao club
Por Ramiro Espiño |
-
Perdas de 448.000 euros nas actividades ordinarias do Pontevedra na pasada tempada
Por Ramiro Espiño |