O fenómeno 'fixie' chega a Pontevedra co primeiro criterium de piñón fixo
Por Diego Espiño
Sen freos, cambio ou cableado, só dúas rodas, cadro, guiador e sela. Así son as bicicletas de piñón fixo ou 'fixies' (abreviatura de 'fixed gear bike').
ÿ o nome que recibe un fenómeno que ten a súa orixe en Estados Unidos nos anos 80 e que os últimos anos foi invadindo pouco a pouco o panorama das cidades de todo o mundo.
"Son como biciletas de pista pero llevadas a la ciudad" explica Francisco Cochón, responsable da tenda Fixed & Single Bikes e organizador do primeiro Criterium Pontevedra de piñón fixo.
E é que o fenómeno 'fixie' é xa un modo de vida que se traslada a unha nova modalidade ciclista á que agora se suma a cidade de Lérez. Será o sábado 2 de maio no ámbito da Alameda.
Pontevedra acollerá a primeira proba desta modalidade que se celebre en Galicia e, a diferenza doutras citas, o seu atractivo reside en que se disputará no centro da cidade, nun circuíto de preto dun quilómetro ao que se darán "entre 28 y 30 vueltas", sinala Cochón, aínda que o seu itinerario aínda debe pecharse coa Policía Local.
Trátase dun sistema de competición "sin frenos y muy espectacular", no que os ciclistas que son dobrados deben retirarse.
"La idea es que venga gente de toda España igual que nosotros vamos a Barcelona o Valencia cuando hay una carrera", aínda que a disputa uns días antes dunha cita do circuíto mundial en Estados Unidos fará que varios equipos punteiros non poidan participar.
Malia todo a previsión é congregar medio centenar de ciclistas e a partir de aí crecer en futuras edicións, explica Francisco Cochón, que ademais creou o primeiro equipo galego da modalidade.
En todo caso o criterium non será a única cita da fin de semana, xa que "para que todo el mundo pueda participar" estase a organizar paralelamente unha proba lúdico-deportiva de bicicletas clásicas, na que se poderá participar se se posúe unha bicileta anterior ao ano 90.
Relacionadas:
-
O II Criterium Pontevedra de Piñón Fixo promete espectáculo
Por Diego Espiño |
-
O piñón fixo dáse a coñecer co primeiro Criterium Pontevedra
Por Diego Torrado |
-
Operativo tráfico pola carreira de bicicletas de piñón fixo
Por Oskar Viéitez |
-
Medio cento de bicicletas sen freos percorrerán o centro
Por Natalia Puga |