Louzán presenta a directiva que o acompañará na Federación Galega de Fútbol
Por Redacción
O novo presidente da Federacion Galega de Fútbol, Rafael Louzán, presentou este xoves en Santiago de Compostela á xunta directiva que o acompañará no seu mandato.
Entre eles destacan os nomes do ex presidente do Pontevedra, José Manuel Fernandez, o máximo dirixente do Coruxo, Gustavo Falqué, ou a presidenta do Atlético Arousana, Aranzazu Ruiz.
Louzán fixo mención no seu discurso a algúns dos puntos principais da súa campaña, como os problemas coa mutualidade de futbolistas ou a necesidade de mellorar as instalacións deportivas.
Ao acto asistiron, entre outros, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e varios alcades e cargos do Partido Popular, formación que Louzán dirixe na provincia de Pontevedra.
Tamén estaba presente o presidente da Federación Española de Fútbol, Ángel María Villar, que deu a benvida a Rafael Louzán ofrecéndolle un cargo na súa xunta directiva nacional: "en sus manos está que acepte o no esa responsabilidad", asegurou ante os medios de comunicación.
A dirección da Federación Galega de Fútbol queda estructurada do seguinte xeito:
- Presidente: Rafael Louzán
- Vicepresidente Primero: Gustavo Falque
- Vicepresidentes: Juan Luis Villamisar (A Coruña), Jose Manuel Fernández Cid (Ourense), Carlos Méndez Moreira (Lugo) e Javier García (Santiago)
- Vogais: Pablo Prieto (Fútbol Sala), Aranzazu Ruiz (Fútbol Femenino), Jose Manuel Fernández (Pontevedra), Amancio Varela (Comunicación)
- Tesoureiro: Luis Serantes Álvarez
Relacionadas:
-
O exadestrador do Pontevedra Manu Fernández pasa a formar parte do corpo técnico da Selección Española sub 21
Por Redacción |
-
Louzán sopesa a oferta de Villar para ocupar un cargo na directiva da Federación Española de Fútbol
Por Oskar Viéitez |
-
Rafael Louzán xa é presidente da Federación Galega de Fútbol
Por Ramiro Espiño | Creada e actualizada