Presentado o documental "Club Cisne Balonmán-50 anos de historia"
Por Ramiro Espiño
O salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, acolleu na tarde deste martes a presentación do documental "Club Cisne Balonmano-50 años de historia".
Con presenza de numerosas persoas, o documental realizado polo xornalista pontevedrés Xabier Fortes e producido por Manuel Yáñez, fai un amplo repaso polos 50 anos de vida do club, sacando á luz secuencias e episodios practicamente descoñecidos mesmo para aquelas persoas máis próximas ao Cisne, moitas das cales estaban presentes no acto, comentando moi positivamente o documento gráfico e sonoro presenciado.
Partidos e fotos históricas dos mellores momentos da vida do club que preside Santi Picallo, así como entrevistas a personaxes clave na andaina da sociedade. Todo iso para constancia e desfrute dos afeccionados locais ao balonmán, que proximamente poderán tamén ter á súa disposición o libro conmemorativo destas vodas de ouro, cuxa presentación está previsto fágase a finais de ano.
Igualmente a finais de ano, concretamente o 27 de decembro, celebrarase a Cea de aniversario, que terá lugar na Finca Batacos, e para a que xa están á venda as tarxetas para todas aquelas persoas que desexen asistir, ao prezo de 30 euros. Para este acto hai xa máis dun centenar de persoas inscritas, cifra que a directiva esperar superar de sobra, ata alcanzar uns 300 asistentes.
Relacionadas:
-
RADIO.- A Playlist: Fai un Fortes de carallo!
Por Marisa Ciordia |
-
O Cisne despide o ano do seu 50 aniversario cunha emotiva cea 'en familia'
Por Redacción |
-
Á venda as tarxetas para a cea do 50 aniversario do Cisne
Por Ramiro Espiño |
-
O Cisne enche de balonmán as rúas de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Club Cisne Balonmano presenta os actos do seu 50 aniversario
Por Redacción |