Haberá terceira edición do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra en 2015
Por Diego Espiño
O Instituto Municipal de Deportes (IMD) traballa xa na que será a terceira edición do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra (CCCP) durante o ano 2015.
Coa intención de consolidarse entre os deportistas da bisbarra e superar a cifra de 269 inscritos de 2014, o circuíto aposta pola continuidade coas mesmas seis probas repartidas ao longo do ano.
Abrirá lume o domingo 1 de febreiro a Carreira Pedestre de San Brais, seguido o 12 de abril da Carreira Pedestre de Monte Porreiro, o sábado 13 de xuño dos 10.000 metros nocturnos do PonteNoite 5+5, o 25 de xullo coa Carreira Pedestre do Santiaguiño do Burgo e o 19 de setembro coa Carreira Pedestre de Campañó.
A última cita do calendario volverá ser a máis numerosa, un Medio Maratón que chegará á súa vixésima edición o domingo 18 de outubro de 2015.
GALA DE ENTREGA DE PREMIOS
Paralelamente o IMD está a organizar unha gala de peche da edición de 2014, na que se repartirán os premios aos gañadores das diferentes categorías.
O acto celebrarase o día 27 de decembro no Pazo da Cultura.
Relacionadas:
-
San Brais prepárase para inaugurar o Circuíto de Carreiras Populares 2015
Por Diego Espiño |
-
O Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra aspira a chegar aos 350 inscritos na súa terceira edición
Por Alejandro Espiño |
-
O Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra entrega os premios da súa segunda edición
Por Redacción |
-
O Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra entrega os seus premios nunha gala
Por Redacción |
-
Abre o prazo para inscribirse na tradicional carreira de San Silvestre de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Robertas Geralavicius vence nun animado Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción |
-
Lolo Penas e a portuguesa Ercilia Machado, triunfadores da VII Carreira Pedestre de Campañó
Por Redacción & Diego Torrado |