Vitoria en Antequera (33-34) para un Teucro que tamén sabe gañar sufrindo
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro mantén a súa condición de invicto no alto da táboa da División de Honra Prata tras sumar en Antequera o seu quinto triunfo noutras tantas xornadas de liga.
Sen embargo, ao contrario que nos encontros precedentes, os azuis tiveron que sufrir ata o último minuto e mesmo remontar nalgunha ocasión para levarse os dous puntos.
Os pupilos de Quique Domínguez puxéronse o mono de traballo para desfacerse dun correúdo Meridiano Antequera, e iso que o inicio dos lerezanos parecía marcar outro guión.
O Teucro comezou o choque dominando con rendas que chegaron aos catro tantos no minuto 15 (7-11), pero os locais reaccionaron e, aproveitando varias superioridades numéricas, puxéronse por diante no electrónico pouco antes do descanso, ao que se chegaría cun apertado 17-16.
Esa igualdade foi a tónica da segunda metade, con alternativas constantes pero sen ningún equipo distanciándose por máis dun gol.
Só o conseguiu o Teucro nos últimos cinco minutos, cando se puxo dous arriba, aínda que os azuis tiveron que apertar os dentes para manter a renda ante un Antequera que o intentou ata o bucinazo final.
Carlos García, con dez goles, e Dani Hernández e Pichel, con oito, levaron o peso ofensivo dun Teucro que gañou o dereito a pensar no encontro de Copa do Rei ante o Ángel Ximénez do próximo mércores no Municipal.
MERIDIANO ANTEQUERA (33): Alarcón, Jesús, Cabrera (5), Alberto Castro (3), Luis Castro (2), Ceballos (3), De Borja, Jesús López, Maireles, Mata (1), Morales(3), Ortega (2), Alexis (9), Santamaría (5), Villamarín.
SD TEUCRO (34): Amérigo, Gonzalo Carro (1), Chapela (1), Dorado, Borja Pedreira, Carlos García (10), Pichel (8), Dani Hernández (8), Edu Moledo (4), Pumar (2), Víctor Rodríguez, Iván Fernández, Carlos Pombo, Iago Gómez.
Árbitros: García Sánchez e Vinagre Vázquez. Excluíron aos locais Morales, Cabrera, Mata e Ceballos e aos visitantes Carlos García, Dorado, Borja Pedreira, Pumar, Chapela, Carlos Pombo e Gonzalo Carro (2).
Marcador cada cinco minutos: 1-3, 5-8, 7-11, 11-12, 14-15, 17-16, descanso, 18-18, 20-21, 23-22, 24-25, 28-28, 33-34.
Incidencias: Partido disputado no Pabellón Municipal Fernando Argüelles de Antequera.
Relacionadas:
-
Esquecida a Copa, o Teucro céntrase de novo na liga coa visita do sorprendente Balonmano Nava
Por Diego Espiño |
-
Un mal inicio na segunda metade condena o Teucro á eliminación na Copa ante o Ángel Ximénez (28-31)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Víctor Rodríguez, única dúbida para un Teucro que afronta con ilusión a Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Antequera, proba de lume para o bo momento do Teucro
Por Diego Espiño |