O Waterpolo Galaico supera por primeira vez a cifra de 100 deportistas
Por Redacción
En setembro de 1998 arrancou con ilusión un proxecto de waterpolo na cidade. Contaba con 15 xogadores e un só equipo, masculino e en idade sénior.
Agora, 16 anos despois o Club Waterpolo Galaico logrou superar por primeira vez a barreira dos 100 deportistas coas últimas incorporacións rexistradas esta mesma tempada.
En total o club lerezano conta este curso con sete equipos nas diferentes categorías galegas: dous equipos alevíns, un infantil, un cadete, absoluto feminino, absoluto mixto de 2ª División e o absoluto masculino de 1ª División.
O obxectivo, agora cumprido, formulárano como meta ambiciosa os responsables do club nos últimos anos.