O Leis renova ao pivote Barcala e ficha ao porteiro Piki
Por Redacción
Continúa o Leis Pontevedra masculino perfilando o seu plantel de face á tempada 2014-2015 e conseguiu o concurso de dous xogadores chamados a ser importantes no equipo cunha renovación, a do pivote Barcala, e unha fichaxe, o porteiro Piki.
José Manuel Barcala Mouco continuará unha tempada máis ligado a equipo pontevedrés e será un dos integrantes do plantel no novo curso en segunda división B. O bravo pivote cumprirá a súa sexta tempada no equipo, onde milita desde a súa estancia na antiga Primeira Nacional A. Barcala, anotou 8 goles na tempada 2013-2014 recien concluída e foi un fixo nos plans do técnico Manu Cossío, para lograr o doblete o pasado ano cos títulos de liga e copa de terceira división.
Pero ademais desta renovación, o club presentou o que é a súa primeira incorporación, trátase de Daniel Pereira Pidre "Piki", xogador de 24 anos, que procede do ADFS Bueu. Piki formouse deportivamente no club do Morrazo, onde chegou ao primeiro equipo despues de pasar por varias categorías base do club de Bueu. Porteiro sólido baixo os paus, destaca polo seu bo xogo de pés e o seu efectivo saque. Chega ao Leis, despois de defender a portería do ADFS Bueu en terceira división as últimas tempadas.
Por outra banda, Rubén Gracia Arana, "Rubén", continuará unha tempada máis no club pontevedrés, despues de pechar a súa renovación co corpo técnico e a xunta directiva. Rubén chegou mediado o curso pasado procedente do Soto del Barco asturiano, e tivo principal protagonismo no tramo final de tempada, resultando especialmente decisivo para a consecución do título copeiro, na fase final disputada no Pavillón Municipal da cidade do Lérez. Con esta renovación e a incorporación de Piki, o Leis asegúrase cubrir un posto vital na configuración do plantel de cara ao ano próximo na segunda división B.
Nos próximos días, o club espera ir pechando o plantel, coa incorporación de tres xogadores máis que virán reforzar o bloque xa existente da tempada pasada.