Daniel Hernández: "La plantilla es joven y quizás yo tengo que aportar esa experiencia que falta"
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro presentou este venres á súa primeira fichaxe de cara ao próximo curso, o xogador procedente do Academia Octavio Daniel Hernández.
Trátase dun lateral dereito "polivalente, que puede jugar en los tres puestos de la primer línea", tal e como o definiu o técnico azul, Quique Domínguez.
O adestrador, que dá por pechada a primeira liña, ve en Hernández a "un jugador que compite muy bien y al que no le tiembla la mano en los momentos importantes".
Quique Domínguez: "Es un jugador que compite muy bien y al que no le tiembla la mano en los momentos importantes"
Pola súa banda o xogador, que asina por dúas tempadas retornando a un club no que xa militou un ano cando aínda era xuvenil, mostrouse satisfeito co cambio de equipo, a pesar de que aínda contaba cun ano de contrato en Vigo.
Segundo explicou en rolda de prensa, "tuvimos problemas este año, el Octavio me dio libertad para elegir y en el Teucro he visto un proyecto más consolidado y bonito".
O lateral sabe que chega a un grupo que se caracteriza pola xuventude, polo que sabe que "quizás yo tengo que aportar esa experiencia que falta".
Tras a chegada de Hernández os esforzos para reforzar o equipo azul céntranse agora "en la segunda línea y en la portería", con varias xestións que segundo Quique Domínguez están xa moi avanzadas.
SEN ACORDO PARA A RESCISIÿN DE CADILLA
A pesar de que o Teucro anunciou esta mesma semana as baixas de Miguel Sío e Dani Cadilla, no segundo dos casos a rescisión aínda non se produciu.
Segundo trasladou a PontevedraViva o propio gardameta, ao que resta un ano de contrato, non chegou a un acordo co club posto que a decisión de romper a vinculación "se debe a que el club no cuenta conmigo".
Relacionadas:
-
Edu Moledo, presentado como novo xogador do Teucro: "Espero pelear por llegar a la fase de ascenso"
Por Diego Espiño |
-
Eduardo Moledo e Santiago Gómez, reforzos para o extremo e a portaría do Teucro
Por Redacción |
-
Daniel Hernández, primeira fichaxe do Teucro de Quique Domínguez
Por Diego Espiño |
-
O Teucro renova a Chapela, Borja e Carlos García e prescinde de Cadilla e Miguel Sío
Por Diego Espiño |