O premio do público do Culturgal recoñece "o traballo de 15 anos" do Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Diego Espiño
A concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro, recibiu este domingo o premio do público Culturgal 2013 outorgado ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil, tras unha votación popular que se prolongou por espazo de tres semanas.
O Salón do Libro impúxose na votación ao Festival de Cans e á asociación PuntoGal.
Nun acto incluído dentro da programación do último día da feira cultural, Riveiro quixo agradecer o premio "a todas as persoas que ao longo de 15 edicións permitiron que chegase este día".
Algunhas delas, anteriores responsables do evento como Luis Bará ou María Xesús López Escudeiro, estaban presentes no recoñecemento a un proxecto "que foi posible pola implicación de moitas persoas", segundo recoñeceu a concelleira lerezana.
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que celebrará a súa próxima edición do 14 de marzo ao 5 de abril de 2014, estivo tamén presente no Culturgal presentando o cartel deseñado pola ilustradora Pirusca.
Relacionadas:
-
Cineuropa, Diario Cultural e Viñetas desde o Atlántico, candidatos ao Premio do Público Culturgal 2014
Por Redacción |
-
Todo a punto para 'cociñar contos' no Salón do Libro Infantil e Xuvenil máis saboroso da súa historia
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Máis de 14.000 persoas visitaron Culturgal, consolidado xa como o máis sólido escaparate para a cultura galega
Por Redacción |
-
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra gaña o Premio do Público Culturgal 2013
Por Redacción |
-
A 'cociñar contos' do 14 de marzo ao 5 de abril de 2014, datas do XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Redacción |