Unha exposición na rúa para coñecer a Alejandro de la Sota e a súa arquitectura de "pasarlo bien"
Por Diego Espiño
Con motivo do Día das Artes Galegas 2018 o Paseo Odriozola acolleu este sábado a inauguración da exposición "Alejandro dea Sota 1913-1996", promovida polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA).
A súa localización xunto á Praza da Ferrería non pasou desapercibida para o fillo do recoñecido arquitecto, ao que definiu como "un niño que lo pasó muy bien aquí en Pontevedra. Hoy podríamos imaginarlo disfrutar de esta plaza y saber que le acompañó a lo largo de toda su vida".
Xunto a el atopábanse autoridades como, entre outras, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; e o vicepresidente da institución, Celestino García Braña.
A través da exposición percórrense os traballos dun arquitecto cuxo traballo é "reflejo de ese pasarlo bien y de divertirse con cosas tan ajenas a la propia arquitectura", sinalou o seu fillo.
Trátase dunha mostra na rúa, concibida para que os cidadáns póidana visitar e percorrer de forma pausada, e que permanecerá en Pontevedra durante 15 días antes de percorrer o resto de cidades galegas. Nela poden verse algunhas das súas obras, como as que ideou na Boa Vila como o Pavillón Municipal dos Deportes ou a Casa Domínguez, na Caeira.
Deseñada por Trespes Arquitectos, está composta por oito prismas de base cadrada -de 1,5 metros e 2 metros de altura-. Cada prisma acolle unha temática, e cada temática presenta dous proxectos. De forma diferenciada destaca o módulo no que se expoñen varias pezas de mobiliario deseñadas polo arquitecto e outro que está dedicado ao seu ideario cun ideograma con frases e anacos de memoria.
Os fondos documentais da exposición foron cedidos pola Fundación Alejandro da Sota.
Relacionadas:
-
A Praza de Massó acolle a exposición dos arquitectos galegos sobre Alejandro de la Sota
Por Redacción |
-
Máis de 11.000 persoas achegáronse á figura de Alejandro de la Sota no Museo
Por Redacción |
-
O Teatro Principal réndese á figura de Alejandro de la Sota, un dos arquitectos "máis notables do século XX"
Por Redacción |
-
A gran exposición antolóxica sobre Alejandro de la Sota amosa material inédito sobre a súa etapa pontevedresa
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O Museo amosará material inédito de Alejandro de la Sota nunha "gran exposición antolóxica"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O arquitecto Alejandro de la Sota será homenaxeado no Teatro Principal o 14 de abril
Por Oskar Viéitez |
-
O acto central do ano de homenaxe a Alejandro de la Sota celebrarase en Pontevedra
Por Redacción |