Este Nadal, agasalla 'Domingos do Principal'
Por Redacción
O vindeiro 21 de xaneiro volverá ao Teatro Principal de Pontevedra un dos ciclos de espectáculos que máis éxitos acada cada ano en Pontevedra e tamén un dos máis antigos non só da cidade senón de toda vertente atlántica. Chega 'Domingos do Principal'.
A iniciativa cumpre este ano 2018 os seus 19 anos e este mércores presentouse formalmente no Concello de Pontevedra. Fíxoo cos abonos xa á venda e cunha suxerencia por parte da concelleira de Cultura, Carmen Fouces. Propón aos pontevedreses que é unha moi boa idea de agasallo de cara a este Nadal.
Os nenos e adultos pontevedreses aínda están a tempo para engadir na carta a Papá Noel ou os Reis Magos un abono para todo o ciclo, que está integrado por sete espectáculos e ten un prezo conxunto de 21 euros. Cada espectáculo por separado ten un prezo de catro euros.
Os abonos están xa á venda na web do Pazo da Cultura e a través do Facebook oficial, además da plataforma Ticketea. Ademais, para dar todas as facilitades posibles para o público, agárdase que sobre o 15 de xaneiro estea xa montada a caixa central na Casa da Luz como despacho físico de billetes. A idea é, como anunciou esta mesma semana Fouces, habilitar unha carteleira con todas as entradas que se atopan á venda do Pazo e o Principal.
Fouces presentou o ciclo acompañada por Xacobe Rodríguez, de Teatro Akatro, a compañía encargada de organizar e programar a iniciativa. Ambos os dous destacaron que haberá un total de 17 funcións, pois haberá sete domingos de espectáculo con dúas sesións -ás 12.00 e as 18.30 horas- e tamén se repetirá tres luns para escolares.
Xacobe Rodriguez explicou que as propostas abarcan todos os ámbitos escénicos, desde a danza ao teatro de actor, clown, monicreques, teatro músical ou xestual. A primeira sesión será o 21 de xaneiro e a última o 11 de marzo.
O espectáculo inaugural, 'Universario', trae de novo a Pontevedra a Marcel Gross, que estivo nos 'Domingos do Principal' dous anos distintos e cada un deles foi o espectáculo mellor valorado do mesmo tanto por menores como maiores de 13 anos.
Ademais, a programación xa trouxera no pasado propostas de Portugal e Italia e agora ábrese ao teatro francés con 'Refugie Poetique', de Claire Ducreux, un espectáculo de danza intimista con elegancia e sutileza.
Resulta innovadora tamén a proposta 'Me llamo Suleiman', de Unahoramenos, que narra a historia dunh neno dende que sae de África ata que chega a patera. Está recomendando a partir de 12 anos e é un espectáculo moi premiado que amosa unha parte da historia que normalmente non é visible.
Relacionadas:
-
O clown Jean Philippe Kikolas estrea con éxito o ciclo Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Marcel Gross e Claire Ducreux caen de Domingos do Principal por motivos de saúde
Por Redacción |
-
Se aínda non enviaches a carta aos Reis Magos, inclúe este agasallo...
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Agasalla teatro este Nadal: saen á venda as entradas para o ciclo Domingos do Principal
Por Redacción |