O Teatro Principal énchese para despedir a Manolo Moldes
Por Redacción
Personalidades políticas, artísticas, culturais de toda Galicia déronse cita este luns no Teatro Principal de Pontevedra para homenaxear á figura do pintor pontevedrés Manolo Moldes, que falecía esta fin de semana como consecuencia dunha enfermidade que viña arrastrando durante os últimos meses.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva; o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores; políticos históricos como Xosé Manuel Beiras; o novo secretario provincial do PSOE, David Regades; diferentes integrantes da corporación de Pontevedra, deputados nacionais e provinciais, concelleiros da corporación de Pontevedra; o actor Celso Bugallo e diferentes artistas acompañaron á familia do pintor neste acto emotivo que enchía o aforamento do Teatro Principal.
Nesta homenaxe, conducido polo xornalista do Diario de Pontevedra, Ramón Rozas, emitiuse un documental que recollía o modo de traballar do académico.
Amigos do artista reclamaron unha Fundación Manuel Moldes e estudantes da Facultade de Belas Artes subiron ao escenario para lembrar á figura deste profesor de debuxo, que sempre lles impulsaba a ser creativos e a pintar desde tormentas a cicloxéneses explosivas.
Durante o evento houbo tamén espazo para a música e para mostrar algúns dos seus últimos traballos realizados nun Ipad mentres estaba convalecente.
Durante as primeiras horas da tarde, o cemiterio de San Amaro acollía o enterro de Manolo Moldes co féretro cuberto pola tea elaborada polos estudantes de Belas Artes. Ao acto asistiu o ex presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño.
Relacionadas:
-
A Fundación Manolo Moldes terá a súa sede no edificio da Xunta de Benito Corbal
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Homenaxe póstuma a Manuel Moldes no Museo co catálogo da súa última exposición
Por Redacción |
-
O centro penal da Lama homenaxea ao pintor pontevedrés Manolo Moldes
Por Redacción |
-
Piden que o Sexto Edificio do Museo reciba o nome de Manuel Moldes
Por Alejandro Espiño |
-
O mundo da arte, emocionado co adeus ao incomparable Manuel Moldes
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O adeus que pediu Manolo Moldes: estudantes elaboran un sudario entre sorrisos e cervexas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Acto civil no Teatro Principal para despedir un "referente indiscutible" da vida cultural de Galicia
Por Natalia Puga |
-
Loito na cultura pontevedresa: falece o pintor Manuel Moldes
Por Natalia Puga |
-
8.500 visitantes pasaron polo Sexto Edificio do Museo para ver as obras de Manuel Moldes
Por Redacción |
-
RADIO.- Cara a cara: Manuel debuxa, Moldes contesta
Por Marisa Ciordia |