O programa Nós recolle en novembro actividades artísticas con protagonismo femenino
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
O programa Nós preséntase coa idea de concienciar socialmente sobre o problema da violencia de xénero e, ao longo de sete días de novembro, está previsto que se desenvolvan varias actividades coa muller como protagonista.
O programa era presentado este luns no Concello de Pontevedra coa presenza da coordinadora Bea Mazaira e artistas como a cantante Cora Sayers, acompañadas pola concelleira de Igualdade e Cultura, Carmen Fouces e o deputado de Cultura, Xosé Leal.
O martes 14, ás 12.00 horas, iniciaranse as propostas coa intervención poética de Tamara Andrés na praza da Peregrina baixo o título 'Recuperar as mans'. Trátase dun acto dunha hora de duración. Ao día seguinte, Teresa Búa, á mesma hora e tamén na Peregrina, levará a cabo unha performance.
O xoves 16 de novembro desenvolverase unha charla-coloquio para tratar o tema da presenza da muller na escena musical. A poeta Tamara Andrés intervirá como mediadora. Será un anticipo ao concerto 'As mullleres músicas de Pontevedra' que se poderá ver o venres 17 ás 20.00 horas no Teatro Principal con entrada libre ata completar o aforamento. Alí estarán algunhas das máis importantes artistas musicais da cidade como as integrantes de Furious Monkey House.
Xa o sábado 18 de novembro poñerase unha visita guiada pola cidade ás 12.00 e ás 14.00 horas dedicada á muller e a importancia que tivo na evolución da cidade. "Cunca e nécora especial Nós" é o título deste roteiro de Turiña.
Ese mesmo sábado desenvolverase un evento promovido pola Deputación Provincial na primeira planta do Mercado de Abastos no que se relaciona á muller-artista co Patrimonio Cultural en Pontevedra. Desde este luns 30 de outubro e ata o 13 de novembro atópase aberta unha convocatoria pública para seleccionar a 15 creadoras locais, que expoñerán as súas obras nos postos do Mercado. Do traballo gañador realizaranse 150 reproducións. Para participar é necesario presentar o currículo vitae, documentación que certifique vinculación con Pontevedra, portfolio co seu traballo en imaxes e un compromiso conforme acepta as bases do concurso. Toda esta documentación debe trasladarse ao correo martina@martinadada.gal
O domingo 19, o Teatro Principal acollerá un maratón teatral con óbralas 'Fin de Mes' e 'Puedes llorar los viernes'. As sesións serán ás 12.00 e ás 20.30 horas.
Por último, o mércores 22 presentarase o libro 'Invisibles' no que se analizarán, segúndo explicou Carmen Fouces, a maltratadores e torturadas a través do relato de sete historias de mulleres que sofreron a violencia da súa parella. A presentación será ás 20.30 horas no Teatro Principal.
Relacionadas:
-
Poesía, teatro, roteiros e historias reais na campaña do 25-N
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Viño, tapa e historias de Pontevedra para pasar a velada
Por Marisa Ciordia |
-
Os nenos, protagonistas dos actos do 25-N en Bueu
Por Redacción |
-
O CIM de Pontevedra atende ao ano 700 casos de mulleres maltratadas
Por Redacción |
-
Convocan un concurso de debuxo e relato para plantar cara á violencia de xénero desde o instituto
Por Redacción |
-
O Colectivo Feminista organiza un debate sobre o Pacto de Estado en materia de violencia de xénero
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Consello da Muller busca un enfoque máis efectivo para a igualdade de xénero
Por Redacción |