Ábrese a mostra de Virxilio Vieitez, o home que retrataba o interior das persoas
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
Virxilio Vieitez era un fotógrafo que sentía o seu oficio pero non se consideraba un autor. Así se presenta a exposición que desde este xoves 10 poderase visitar no Sexto edificio do Museo de Pontevedra. Virxilio percorreu toda a Terra de Montes para fotografar, casa por casa, aos veciños a domicilio e ata o 7 de febreiro de 2016 poderanse ver 118 imaxes deste retratista, sobre todo, das realizadas durante a década dos sesenta.
Na mañá deste xoves a filla do fotógrafo falecido en 2008, Keta Vieitez, presentaba esta mostra acompañada polo deputado de Cultura, Xosé Leal, polo director do Museo, Carlos Vale e por Roberto Vázquez, representante da Fundación Telefónica.
Tras circular por cidades como Cádiz ou Salamanca obtendo unha gran acollida, esta exposición conclúe o seu periplo en Pontevedra ofrecendo fotografías que foron reveladas manualmente a través de laboratorios empregando os negativos orixinais. Keta indicou que as fotos emocionan aos visitantes pola súa orixinalidade e por que "tecnicamente son impecables".
A filla de Virxilio mostrou algunhas das fotos que lle parecen máis relevantes da exposición afirmando que "meu pai retratáballe o interior á xente" mentres vía o retrato que máis lle gusta no que un home con traxe roído, Alfonso, o portugués, que transmite unha elegancia glamourosa "como Boris Izaguirre", indica Keta.
Os diferentes retratos de persoas falecidas nas que todos parecen pousar para Vieitez destacan entre os personaxes de Soutelo de Montes que se expoñen cos seus rostros singulares nunha mostra que vai desde o branco e negro no que, por exemplo, recóllese a unha compañía de circo á cor dos anos 70, dentro dunha selección realizada entre máis de 50.000 imaxes.
Relacionadas:
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Falemos da morte
Por Marisa Ciordia |
-
Case 5.000 visitas ao Museo de Pontevedra no mes de xaneiro
Por Elena Álvarez Quintá |
-
Aprender a facer retratos na era do ‘selfie’
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra acollerá unha exposición de Virxilio Viéitez, o fotógrafo de Soutelo
Por Redacción |