Pontevedra soa a rock e a galego
Por Redacción
A música pop, rock e jazz e, sobre todo, a música en galego foi durante os catro últimos días a protagonista das rúas e bares de Pontevedra. Chegou e, case sen decatarse, xa se foi, pero o Galegote Rock deixou pegada despois de catro días -do 13 ao 16 de maio- nos que grupos locais e internacionais encheron de notas a cidade.
El Pequeño, La Gramola, a Cervexaría Trueque, ou Grifón, Lusco e Fusco e a sala Karma foron os locais de ocio protagonistas da edición deste ano, a cuarta de Galegote, na que destacou a presenza no cartel dos grupos portugueses The Bird Are Indie e A Jigsaw e de bandas recoñecidas como Narf e Caxade, nominados aos Mestre Mateo ou o Premio da Música Martín Codax.
As prazas Méndez Núñez e Cinco Rúas foron os espazos urbanos que compartiron protagonismo cos bares e que, nesta edición, se encheron de afeccionados á música animados polo bo tempo imperante.
A iniciativa organizada pola Concellería de Normalización Lingüística de Pontevedra e producida por 'Pontevedra ao Vivo' pretende achegar a mellor música das bandas galegas ao público e promover os grupos que usan o galego como lingua para as súas cancións. Todo a través de concertos totalmente gratuítos.
Relacionadas:
-
Davide Salvado: "O noso patrimonio parece que non está ben visto. Temos o auto odio incorporado no ADN"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- O Mercado de Abastos e o Parador acollerán concertos do Galegote Rock 2016
Por Mónica Patxot |
-
Caxade fai 'brincar' aos pontevedreses no Teucro
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A brincar no Teucro con Víctor Aneiros, Narf, Caxade e Bagullas do Lérez
Por Alejandro Espiño |
-
O festival Galegote Rock 2015 volve durante catro días en maio e totalmente gratis
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Frenaso no Calsonsillo e Familia Caamagno pechan o Galegote Rock 2014
Por Redacción |
-
Fin de semana de música en galego co terceiro Galegote Rock
Por Redacción |