De Mozart a O gato con botas: nova cita este domingo co ciclo Concertos en Familia
Por Redacción
Logo do éxito do primeiro espectáculo, Vai de Mozart, o ciclo Concertos en Familia retoma a súa actividade. Será da man da a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra que, dirixida nesta ocasión por Vasco Negreiros, musicará a version dos Irmáns Grimm do conto O gato con botas. Será este domingo 2 de novembro, ás 18.30 horas, no Teatro Principal.
Trátase dun espectáculo de 50 minutos de duración e recomendado para público familiar a partir de cinco anos que contará coa interpretación e narración de Olalla González e a proxección de imaxes creadas polo ilustrador Marc Taeger para a ocasión.
A historia, ten lugar no campo, onde un pobre muiñeiro ao morrer deixa sós a tres fillos. Na repartición dos seus bens deixa ao fillo maior o muíño (que é o seu ben máis valioso), ao do medio un burro e ao máis pequeno un gato. Este último decepcionado, pensa en comelo para non morrer de fame, pero o gato resulta estar cheo de recursos que se descubrirán ao longo do conto.
As entradas poden adquirirse anticipadamente en www.servinova.es a un prezo de 5 euros, 3 euros para menores, estudantes, parados e xubilados. No caso de non esgotarse, estarán á venda o propio domingo unha hora antes do espectáculo na billeteira do Teatro.
O martes 4, logo do festivo escolar, terá lugar ás 11:30 horas a función concertada co alumnado de cinco centros de Pontevedra que cubrirán por completo a capacidade do Teatro.
Relacionadas:
-
A quinta edición dos 'Concertos en Familia' pecha cunha asistencia media do 95%
Por Redacción |
-
Fantoches Baj estrea 'Pedro e o Lobo' cun final alternativo o 23 de novembro no Teatro Principal
Por Redacción |
-
A familia volveu gozar xunta da música da man da Filharmónica
Por Diego Torrado & Natalia Puga |
-
E ti, fuches de Mozart?
Por Diego Torrado |
-
Mozart, o Quebranoces e dous contos clásicos, propostas da quinta edición de Concertos en Familia
Por Alejandro Espiño |