O Café Moderno acollerá dende o sábado o terceiro 'outlet' do libro galego
Por Redacción
Dende o día 4 de outubro e ata o domingo 12 o Café Moderno de Pontevedra, Centro Social A Fundación, acollerá a terceira edición do 'outlet' do libro galego.
Un total de 16 editores galegos acoden á cita, que contará cunha oferta de 10.000 exemplares a prezos reducidos.
Así, segundo explicou Xulio Amigo, directivo da Asociación Galega de Editores, o 85% dos libros contarán con descontos en función do número de exemplares comprados (un libro por 3 euros, dous por 5 euros e cinco libros por 10 euros).
O resto de edicións de "categorías singulares" custará 5, 10 ou 15 euros.
O 'outlet', xestionado polas librarías Paz e Seijas, terá un horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00.