Emilio Gutiérrez Caba, Kiti Mánver e Carlos Blanco, estrelas de Pontevedra Escénica
Por Redacción
O Centro Coreográfico Galego abrirá co espectáculo Full House o ciclo Pontevedra Escénica, que se vai desenvolver durante os meses de abril, maio e xuño en Pontevedra. Esta primeira actuación, que terá lugar o 26 de abril ás 21.00 horas, ofrece un mundo de contrastes dentro dos estilos da danza. As entradas anticipadas xa pódense adquirir a través de servinova.
O 29 de abril, o Pazo da Cultura tamén acollerá na Sala de Exposicións a performance Blondy's Coffee, con motivo do Día Mundial da Danza. A proposta da compañía Entremáns é un avance da versión estendida que se representará o 5 de xuño no Teatro Principal.
A comedia musical 'Esta noche no estoy para nadie' de Txalo Producciones traerá o 8 de maio a Pontevedra a Kiti Mánver, Gisela e Bruno Squarcia cun espectáculo que mostra a historia dunha nai e unha filla que comparten piso a pesar dos seus enfrontamentos. O prezo será de 17 euros.
Ese mesmo mes, o día 24, Carlos Blanco e Luis Dávila presentarán no Teatro Principal en dobre sesión o espectáculo Menú do día. O debuxante irá representando a través dunha pantalla xigante as historias do actor de Vilagarcía. As entradas terán prezos de 10 e 8 euros.
E tamén no Teatro Principal o 29 de maio a compañía galega Teatro do Atlántico representará A charca inútil, a historia dun profesor de secundaria vítima dunha agresión física por parte dun alumno e gravada cun móbil.
O ciclo finalizará o 19 de xuño no Pazo da Cultura con De amor y lujuria de Euroscena. Nesta proposta utilízanse textos clásicos do Século de Ouro a través da interpretación de grandes da escena española como Emilio Gutiérrez Caba, Ramón Langa ou Cristina Goyanes baixo a dirección de María José Goyanes. A entrada conta cun prezo de 14 euros que se poderán adquirir tamén a través de servinova ou, se non se esgotan previamente, dúas horas antes no despacho do Pazo da Cultura.
Esta montaxe e o de Esta noche no estoy para nadie forman parte do programa Platea do Instituto Nacional de Artes Escénicas e Musicais (INAEM) co que se fomenta a contratación de compañías de fóra de Galicia.
Relacionadas:
-
"De amor y lujuria", con Emilio Gutiérrez Caba e María José Goyanes, última cita con Pontevedra Escénica
Por Redacción |
-
A polémica agresión a un profesor gravada cun móbil, temática de 'A charca inútil' de Teatro do Atlántico
Por Anxo Lourido |
-
Carlos Blanco e Luis Davila compiten coa final da Champions
Por Redacción |