'De buena tinta' e 'La 4pared' triunfan entre o xurado e o público do Fest 2014
Por Diego Torrado
'Atlantica', 'De buena tinta', 'El grito chino amenaza los continentes', 'Juan Pablo Charlo', 'La 4pared', 'Test Hammer', 'Visceral Eyes' e 'Voltage'. Foron os oito grupos novéis que este sábado se deron cita no Teatro Principal para participar no Fest 2014, o concurso organizado polo Local de Música de Pontevedra para promover a escena musical emerxente na cidade.
Os oito presentaron a súa proposta musical ante un patio de butacas cheo e entre bo ambiente e finalmente o xurado e o público déronlle o triunfo a 'De buena tinta' e 'La 4pared'. O Fest volveu a ser a mellor mostra do bo facer dos grupos noveis da escena musical emerxente da cidade e contou coa colaboración, como presentadoras, de dúas alumnas da Aula de Teatro Municipal.
'De buena tinta' fíxose co premio do xurado, que consiste nunha gravación dun videoclip cunha productora audiovisual por valor de 1.000 euros, que este ano será rodado pola productora local Juan-L ACC. Este grupo de hip hop pontevedrés creado en 2009 xa editou en 2011 a súa promo Quien llegó?.
'La 4pared' foi o grupo elixido polo público desta terceira edición do Fest, que conleva unha actuación remunerada durante a festa final do programa Noites Abertas. ÿ unha banda de rock indie que leva en activo dende 2011 e se autodefine pola súa "simpatía pola intensidade e a traxedia".
Todos os grupos finalistas recibirán un premio da Asociación de músicos de Pontevedra 'Pontevedra ferve' que consiste nun programa formativo de orientación do proxecto musical e coaching que se desenvolverá ao longo de 2014.
No Principal cumplíronse os obxectivos principais do Fest, que pasan por presentar á comunidade unha mostra da escena musical independente nun espazo emblemático e representativo da cidade, ofrecer aos grupos noveis oportunidades para darse a coñecer e desenvolver a súa carreira artística e ofrecer aos grupos participantes a oportunidade de conseguir un material audiovisual especial e relevante que apoie á súa estratexia promocional.
Relacionadas:
-
Os Fest 2015 son para... The Soul Breakers e La Casa de los Ingleses
Por Diego Torrado & Natalia Puga |
-
Oito grupos musicais participarán o 11 de abril na nova edición do Fest
Por Redacción |
-
O grupo pontevedrés 'De Buena Tinta' presenta cunha festa o videoclip 'Buaghira'
Por Redacción |
-
O Fest 2014 xa ten finalistas tras seleccionar 8 das 26 bandas participantes
Por Diego Espiño |
-
O Fest 2014 xa está aquí: ábrese o prazo para que grupos e artistas presenten as súas candidaturas
Por Alejandro Espiño |