O Día da Xuventude enche de actividade o colexio Abrente de Portonovo
Por Redacción
Mozos de entre 12 e 35 anos foron os invitados a participar no programa do Día da Xuventude, unha iniciativa formativa e de lecer organizada pola Xunta de Galicia e o Concello de Sanxenxo no colexio Abrente de Portonovo.
Fútbol burbulla, futbolín humano, tiro con arco, lego e escape box, gastronomía saudable, xogos educativos e showcooking con produtos locais e de tempada foron algunhas das actividades que se ofertaron para os participantes.
Houbo ademais puntos de información xuvenil, iniciativas de sensibilización medioambiental ou talleres dinámicos sobre a protección do medio ambiente, o cambio climático ou a reciclaxe.
A programación incluíu tamén talleres sobre igualdade de xénero, de grafiti ou de técnicas de aprendizaxe rápida, dinámicas grupales para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo e amenización con DJ durante toda a xornada.
Aaé o Día da Xuventude achegáronse, entre outras personalidades, o concelleiro da área de mocidade en Sanxenxo, Marcos Guisasola, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses.