Dá positivo tras ser 'cazado' falando polo móbil e dando voltas a unha rotonda
Por Redacción
A Policía Local de Poio denunciou un condutor ao que sorprenderon dando voltas por unha rotonda do municipio mentres falaba polo teléfono móbil.
Os axentes interceptaron o condutor sobre as catro e media da tarde deste sábado, segundo informou o corpo municipal.
Na proba de alcoholemia rexistrouse un resultado positivo de 0.70 miligramos de alcol por litro de aire expirado, case tres veces máis do límite permitido.
A Policía Local ha instruído dilixencias contra esta persoa, xa que os feitos son constitutivos dun delito contra a seguridade viaria.
O atestado foi remitido ao xulgado de garda para a celebración dun xuízo rápido.
ACCIDENTE NA AVENIDA DA BARCA
Ademais, a Policía Local de Poio atendeu un accidente de tráfico que se produciu este domingo, sobre as 09:20 horas, na Avenida da Barca.
Un coche saíu da vía e impactou contra unha vivenda, causando danos de consideración, aínda que o condutor resultou ileso.
O tráfico mantívose pechado nun carril da estrada até a retirada do coche.