Portonovo recupera a concentración de motos en Baltar
Por Oskar Viéitez
O alcalde, Telmo Martín, e o presidente do Motoclub Amigos da Moto de Sanxenxo, Sergio Prol, asinaron un convenio de colaboración dotado con 30.000 euros que permitirá que Portonovo recupere unha das súas citas emblemáticas do verán, a concentración de motos en Baltar.
A cita celebrarase os días 6, 7 e 8 de setembro.
Esta concentración regresa con novas ideas na que xa será a súa 36 edición. A directiva actual do Motoclub conta con persoas que levan xa moitos anos na organización deste tipo de eventos e coa incorporación de xente nova, con moitas ganas de traballar e colaborar para a mellora dunha cita que atrae ao municipio a miles de persoas. Segundo a propia organización é a concentración de motos con máis edicións de Galicia.
Ademais, o Motoclub traballa noutros eventos e actividades que se desenvolverán ao longo do ano e que serán presentados proximamente.
O alcalde, Telmo Martín, que estivo acompañado do concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, felicitou ao presidente e aos dous membros da directiva que lle acompañaron por retomar un evento deportivo de gran repercusión económica para o municipio.
"Estou seguro que será unha vez máis un éxito e que haberá novidades importantes que farán que se enriquezca o evento", asegurou.
Motoclub, Amigos da Moto de Sanxenxo, foi fundado en 1986 por dous veciños moteiros que asistiran a outras concentracións e decidiron exportar a idea ao seu municipio.
Nesa primeira edición inscribíronse uns 300 motoristas de toda España e nas últimas celebradas a organización limitou as inscricións para poder garantir a seguridade da cita, chegando a 15.000 motos. É precisamente a seguridade da cita unha das claves do éxito do evento.
Relacionadas:
-
A mellora da mobilidade peonil na estrada Noalla-Aios, obxectivo prioritario para Deputación e Concello
Por Redacción |
-
Cinco semanas de rodaxe para dar forma a "Así chegou a noite", a nova película de Ángel Santos
Por Alejandro Espiño |
-
Sanxenxo adapta o PXOM á "nova realidade urbanística do territorio"
Por Oskar Viéitez |