O maio xa chegou ao CEIP Manuel Vidal Portela
Por Redacción
O último día de abril converteuse na data elixida polo CEIP Manuel Vidal Portela para celebrar a Festa dos Maios realizando diversas actividades arredor da figura dun gran maio situado no centro do patio do recinto do centro educativo pontevedrés.
Durante os últimos días, alumnado de Educación Infantil e de Primaria traballaron para crear o maio utilizando a coroa floral e adornándoo coas laranxas e cascas de ovo.
Ademais crearon coplas que durante a mañá deste martes soaron con entusiasmo, a ritmo dos tradicionais paus e outros instrumentos, para representar a chegada da primavera.
Estudantes e profesorado elaboraron versos que trataban sobre a temática do cinema, un proxecto escolar no que están a traballar este curso. Tamén recitaron poemas de Curros Enríquez sobre Os Maios.
Desde a dirección do centro escolar sinalan que seguirán traballando para manter viva a cultura de Galicia e transmitila entre o alumnado.
Relacionadas:
-
A Florida gana o concurso Maios da Cultural de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Unha exposición denuncia no IES A Xunqueira I o fenómeno da moda rápida
Por Redacción |
-
A Festa dos Maios vai celebrarse a cuberto
Por Anxo Lourido |
-
O Museo Torres exhibe coplas históricas dos barcos e carros da festa dos maios de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Oito colectivos participarán na Festa dos Maios de Poio
Por Redacción |
-
6.250 euros van repartirse nos premios do concurso de Maios
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Festival dos Maios de Vilaboa repartirá 300 euros en premios
Por Redacción |