O Cisne recorre un ano máis á 'Operación Quilómetro' para custear a viaxe dos seus cadetes ao Sector Nacional
Por Diego Espiño
O Club Cisne Balonmán traballa a contrarreloxo para organizar a viaxe do seu equipo cadete ao sector do Campionato de España.
Ao equipo pontevedrés tocoulle nesta ocasión desprazarse ata Elda, Alacante, para participar nun torneo no que buscará meterse entre os oito mellores equipos do país para disputar a fase final do Nacional.
Ante o longo desprazamento que deberán asumir os xogadores, e o esforzo económico que supoñerá á entidade, o Cisne volveu a recorrer a unha vía de financiamento usado en anos anteriores, a 'Operación quilómetro'.
A través dunha campaña de microfinanciamento o club pontevedrés pide axuda para reunir fondos. Para a iso solicita a seguidores, familiares e simpatizantes que compren quilómetros ao prezo de 2 euros, co obxectivo de reunir ao redor de 4.000 euros (2.000 quilómetros).
As achegas poden materializarse a través da aplicación Cluber.
En Elda o equipo cadete do Cisne medirase do 24 ao 26 de maio co equipo anfitrión, o BM Elda, o BM Guadalajara e o Villa de Aranda.
#CrowdfundingKilometrico | O equipo Cadete desprázase a Elda, Alicante a vindeira fin de semana.
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) May 16, 2024
Poñemos en marcha a Operación Kilómetro. Cada 2€ donados son 1 kilómetro que os nosos rapaces poderán recorrer para viaxar ao Campionato de España.
https://t.co/sGir0BeInr pic.twitter.com/qTZrH0KedA
Relacionadas:
-
Os cadetes do Cisne, entre os oito mellores equipos de España
Por Diego Espiño |
-
O Cisne organiza unha viaxe para que os seus afeccionados acudan á fase de ascenso
Por Redacción |
-
Un play-off para o Cisne con dobre vía para o ascenso
Por Diego Espiño |
-
O Cisne gaña ao Guadalajara e xogará a fase de ascenso a Asobal (34-30)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne invoca á afección pontevedresa para lograr un posto no play-off de ascenso
Por Diego Espiño |
-
O Cisne queda fóra da fase final do Campionato de España Xuvenil
Por Redacción & Cristina Saiz |