O legado de Dany Moure segue presente en Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz
Dany Moure cumpriría este sábado 45 anos. E para celebrar a súa vida e o legado que atrás tras o seu falecemento, os seus amigos e compañeiros quixeron organizar un concerto homenaxe, un evento moi especial que se celebrou no paseo Rosalía de Castro.
Máis de cincuenta músicos, moitos deles artistas que tocaron xunto a Moure nos seus múltiples proxectos musicais, subiron ao escenario para lembrar a unha figura querida e respectada dentro da escena artística pontevedresa.
Todos eles honraron a súa memoria dunha maneira significativa e emotiva "como a el lle gustaría", subliñan os organizadores, con música, rock & roll e ambiente festivo.
Baixo unha carpa instalada no Parque das Palmeiras, decenas de persoas participaron nesta homenaxe, no que volveron soar temas que interpretou Dany Moure coas súas bandas.
Foi, ao final, unha xornada chea de emocións e recordos compartidos, que foi organizada pola asociación cultural Nothing but the Blues.