O sindicato de futbolistas AFE homenaxea a Charles Dias
Por Diego Espiño
Un ano despois da súa retirada do fútbol profesional, Charles Dias segue a recibir recoñecementos á súa gran traxectoria.
O último chegou por parte da Asociación de Futbolistas Españois (AFE), que entregou unha distinción ao actual secretario técnico do Pontevedra Club de Fútbol no marco da Asemblea Xeral Ordinaria do sindicato.
Foi en concreto no punto 7 da orde do día, 'Honras e distincións', no que AFE recoñeceu a futbolistas que recentemente colgaron as botas "pola súa traxectoria e polo legado que deixaron".
Ademais de Charles foron homenaxeados polo mesmo motivo Erika Vázquez, Jorge Molina e Olga García.
"Unha verdadeira honra e un orgullo que que siga portando o noso escudo día a día", sinalou pola súa banda o Pontevedra Club de Fútbol tras compartir a distinción a unha das súas máximas lendas deportivas.
La @afefutbol rindió en el día de ayer un homenaje a nuestro @Charlesbrau9 en honor a su exitosa carrera como futbolista con más de 600 partidos disputados desde que llegó a España
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) May 14, 2024
Un verdadero honor y un orgullo que que siga portando nuestro escudo día a día pic.twitter.com/ldST5Td3gn
Relacionadas:
-
Ao Pontevedra escápaselle a guinda no mercado invernal: "Queriamos outro xogador pero non puido ser"
Por Diego Espiño |
-
Reforzos de inverno no Pontevedra? Charles esconde as súas cartas: "Pode ser que si, pode ser que non"
Por Diego Espiño |
-
Charles, unha baza decisiva para convencer ás fichaxes: "En canto falei con el díxome que ía ser un bo equipo para ascender"
Por Diego Espiño |
-
Charles asume galóns na secretaría técnica do Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Diversión, nostalxia e bo ambiente no partido de homenaxe a Charles pola súa retirada
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Charles e a súa nova vida no Pontevedra como ex-futbolista: "Imos tentar facer as cousas ben, desde abaixo"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |