Pontevedra Viva!

Jesús Rodríguez Iglesias "Observador"

Nos anos 60 foi corrector tipográfico en Diario de Pontevedra. Logo a partir dos 70 compaxinou con labores de xornalista en todos os campos (tribunais, cultura, política, sanidade, etc) en especial balonmán, parcela que cubriu durante máis de 30 anos, chegando a exercer como responsable de deportes durante varios anos. Colaborador en Radio 80 e na Radio Galega, nesta última durante 25 anos. Seguindo especialmente a Pontevedra e Teucro por toda a xeografía española para prensa e radio.