Pontevedra Viva!

Geni Polo

Teño 38 anos, son nacida en Madrid pero adoptada da cidade de Pontevedra. Levo en paro 5 anos e desde hai 3 anos e medio teño o mellor "traballo" do mundo: son mamá. Cando naceu a miña filla Alicia, creei un grupo de mamis en facebook un pouco por non saturar aos meus amigos do meu perfil, e poder coincidir con outras mamás e compartir noticias, manualidades, receitas. Co tempo foi crecendo e agora somos unhas 1070 mamás (tb hai algún papá) e crecendo... fago sorteos en colaboración con xente que ten algún negocio propio, por darlles publicidade a eles e á miña para que a xente coñeza o meu blogue. O grupo chámase Cousas de Mamá (https://www.facebook.com/groups/179571368905511/) e nas moitas persoas comparten os seus blogues, os seus paginas, no hai psicólogas, logopedas, profesoras, etc... sacamos dúbidas, damos consellos, é un grupo moi activo e participativo. O blogue xurdiu como necesidade de ir un pouco máis aló, o plasmar as miñas experiencias como nai, Cousas de Mamá con Alicia da man, nace así para contar as miñas vivencias do dia a dia coa miña nena... (https://cosasdemamaconaliciadelamano.blogspot.com.es/). Actualmente pertenzo á plataforma de blogues de Madresfera, e  REDfacilisimo, e teño case 20 persoas subscritas.... 

Tento atopar un traballo polas mañás que me permita conciliar vida familiar e laboral, pero actualmente neste país iso está bastante dificil asi que sigo co meu labor de ser mamá, bloguera e levar os meus grupos. Tamén teño outro grupo que se chama Recursos educativos para pais e nais, (https://www.facebook.com/groups/1733014680359992/) nel intento q todos participemos atopando recursos educativos para traballar desde casa con péquelos como apoio ao traballo no colexio e tamén ás demandas dos nosos fillos, que ás veces son mais das q reciben no colexio, ou simplemente compaxinar ambas.  Non é que teña moito tempo libre, simplemente é que o que teño xestiónoo entre a miña casa, a miña filla e a miña paixón por escribir e levar o meu blogue e os meus grupos de pais.