Pontevedra Viva!

Carlos Regojo Solla

Son nado en Pontevedra. Estudei no Instituto e na Escola de Maxisterio. Traballei en distintos destinos da provincia. Fixen unha breve incursión en Baviera como Mestre para os fillos dos traballadores españois tendo traballado antes na Krankenhaus de München coma empregado na súa cociña. Andei logo exercendo como Mestre en Gran Canaria e logo por distintos puntos da Coruña buscando sempre o achegamento á Universidade por mor de facilitar a educación superior dos meus catro fillos. Cando me dei conta, chegoume a xubilación e, de regreso a Pontevedra, topeime con vós