Pontevedra Viva!

Ana Couto

Son Pedagoga e facilitadora de Disciplina Positiva para familias. Tamén son Coach educativo e de familia, con especialidade en Intelixencia emocional. Son asesora en lactación e practitioner en PNL. Pero sobre todo son nai de 3 fillos.

A etiqueta do que son non mostra o que quero achegar. A miña experiencia como nai levoume a reformularme moitas crenzas sobre a educación e a crianza que estaban aí, na conciencia colectiva, pero que non facilitaban o meu labor, máis ben entorpecíaa.

A miña procura persoal transformoume profesionalmente e levoume a buscar ferramentas eficaces que se adapten á diversidade de cada familia. A miña experiencia demóstrame que se pode ser firme e cariñoso ao mesmo.

Busco facilitar a convivencia dos pais cos seus fillos, recuperar a paz en casa e chegar a gozar da maternidade/paternidade. 
A idea é proporcionar ferramentas, recursos, técnicas ou reflexións que faciliten un clima de confianza e agarimo na familia e melloren as relacións entre todos os seus membros.

www.anacoutocoaching.com/