Pontevedra Viva!

Agustín Durán

Diplomado en Realización, Imaxe e Son. Xornalista adscrito ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Traballou coa Produtora Faro na realización de programas como Arestora, emitido na TVG. En prensa escrita foi redactor dos xornais Xornal Diario, Xornal Día a Día, Atlántico Diario e Faro de Vigo, neste último medio durante 12 anos. Correspondente do Diario Marca e da axencia deportiva Área Once, tamén foi Subdirector de Deporte Galego, revista oficial da Secretaría Xeral para O Deporte da Xunta de Galicia, así como colaborador e tertuliano en diversas emisoras de radio (SER, COPE, Radio Voz, RNE). Durante tres tempadas ocupou o cargo de Director de Comunicación e Relacións Externas do Pontevedra Club de Fútbol SAD. Na actualidade colabora con Onda Cero Radio.