O goberno local de Marín rexeita cambiar o nome das rúas Exército e Mariña e de Tiro Naval Janer
Por Redacción
A Comisión Informativa de Cultura e Persoal presidida pola concelleira, Beatriz Rodríguez Gómez, tratou na orde do día a moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre a Lei de Memoria Histórica e a condena da represión franquista.
Dentro dos puntos de acordo que se propoñen nesta, o Partido Popular expuxo a súa intención de apoiar algúns aspectos que comprometen ao concello a incluír na cronoloxía oficial os feitos relacionados co alcalde Antonio Blanco, así como os puntos referidos á condena á represión franquista daquela época.
No que está "rotundamente en contra" é no inicio dun expediente de cambio de nome das rúas Exército e Mariña e de Tiro Naval Janer, incluíndo tamén o do vial da Alcántara, por non existir a xeito de ver o grupo popular "ninguna alusión que de acuerdo con la aplicación de la Ley de Memoria Histórica deban ser cambiadas".
"Entendemos que no deben abrirse permanentemente estos procesos y en todo caso, solamente producen cambios que no fueron en su día planteados, que tampoco fueron tenidos en cuenta y que exclusivamente los cambios se refieren a la aplicación de la ley y que ya fueron llevados a cabo", declarou a concelleira de cultura e persoal, Beatriz Rodríguez Gómez.
A votación contou co voto afirmativo da representante do BNG, Esther Crespo, co voto en contra dos representantes do PP, reservándose para o Pleno o exercicio do seu voto os representantes do PSdeG-PSOE e de MAR-IN.
"Si no se retiran estos puntos de la Moción cuando se debata en el Pleno, el PP se verá obligado a mantener su voto en contra", adiantou a edil responsable de cultura.