Galiwonders e Sembra Biojoyas triunfan nos premios AJE 2023
Por Redacción
A gala da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) celebrábase, este venres, na Escola Naval de Marín.
A empresa Galiwonders, unha axencia de viaxes especializada en peregrinos, obtivo o premio Xove Empresario. Sembra Biojoyas, unha marca de xoias sostibles, elaboradas por comunidades indíxenas do amazonas, a partir de elementos naturais e biomateria, recibía o galardón como mellor iniciativa emprendedora.
Pola súa banda, Wildfire Sentinel lograba unha mención de honra á innovación e, por último, Chorima, Cosmética Atlántica, conseguía unha mención de honra á responsabilidade social empresarial.
Ademais, a empresa Nodosa recibía o premio honorífico neste evento presentado polo escritor Manel Loureiro.
Ao acto acudía, entre outras autoridades, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, que destacou o investimento que se realiza a través dos orzamentos provinciais para impulsar a actividade emprendedora na provincia e citou tamén as accións directas que a institución que preside desenvolve no campo da formación para fomentar a dixitalización.
Pablo Fernández, secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, tamén asistía a esta vixésimo sexta edición do Premio que organiza AJE Pontevedra e puxo en valor o convenio co colectivo que preside María Buceta por un montante de 180.000 euros para implementar medidas de asesoramento e tutorización para crear empresas.
Neste sentido, lembraba que a provincia de Pontevedra albergará tres polos de emprendemento da Xunta de Galicia, situados en Vilanova de Arousa, Porriño e Silleda.
Relacionadas:
-
Pontevedra exhibe o seu talento emprendedor nos premios AJE Galicia
Por Redacción |
-
Aberto o prazo para inscribirse nunha nova aceleradora para empresas turísticas da provincia
Por Redacción |
-
Unha gala con Manel Loureiro como presentador para entregar os Premios AJE 2023
Por Redacción |
-
Nodosa recibirá o Premio Honorífico da XXVI edición do Premio Xove Empresario
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Escola Naval acollerá a entrega do Premio AJE Pontevedra
Por Redacción |