O PSOE advirte o BNG de que considera "prioritario" para aprobar o orzamento que inclúa unha partida para a RPT
Por Anxo Lourido
O grupo municipal do PSOE mantivo un encontro con representantes da Xunta de Persoal do Concello durante este venres. Iván Puentes, portavoz municipal socialista, afirmaba durante a reunión que o PSOE considera "prioritario" que os orzamentos municipais de 2024 inclúan unha partida específica para implantar a Relación de Postos de Traballo (RPT), como xa tiña previsto o BNG en 2019.
Durante o encontro tratáronse cuestións relacionadas coa estrutura funcionarial do Concello. Puentes insistía en que é imprescindible que comece a implantarse ano a ano, "non para que os empregados municipais cobren máis, como resumen moitas veces de xeito interesado o goberno local e o BNG, senón para que o Concello poida ter unha estrutura digna dunha capital de provincia e que lle permita prestar os servizos axeitados aos seus veciños e veciñas".
Entende que é necesario organizar internamente o cadro de persoal de maneira axeitada, dotándoa de persoal nos servizos que carecen de traballadores suficientes como Benestar Social, a Policía Local ou os Bombeiros.
Pola súa parte, Héctor Santaló, delegado de Persoal no Concello de Pontevedra, lembraba que "non estamos a falar dunha proposta ou dunha petición, senón dun acordo adoptado no ano 2019, proposto no seu día por un concelleiro nacionalista, o señor Vicente García Legísima e que foi apoiado pola meirande parte das organizacións sindicais".
O representante dos traballadores municipais sinala que calquera solución de paz social pasa pola adopción dun acordo e "o primeiro paso que debe dar o goberno local é o de incluír unha partida específica nos orzamentos de 2024", argumentou.
Tamén se trataron outras cuestións do ámbito municipal, entre as que destaca a necesidade de construír un novo edificio municipal de emerxencias, que permita á Policía Local e a Protección Civil traballar en "condicións dignas".
O portavoz socialista asegura que esta infraestrutura podería facerse sen practicamente custo para o Concello.
Relacionadas:
-
Os tribunais avalan a modificación da RPT realizada polo Concello en 2022
Por Alejandro Espiño |
-
Concentración dos traballadores municipais diante do Concello para reclamar "diálogo e respecto"
Por Almu Dapena |
-
A oposición recorda ao BNG a súa "minoría absoluta" e censura a súa "prepotencia, arrogancia e falta de diálogo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Aprobar a nova RPT municipal, segundo Lores, obrigaría a subir os impostos: "Non é asumible"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP demandará no pleno unha partida orzamentaria destinada a mellorar as condicións do persoal do Concello
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A apertura de Raíña Vitoria, entre as dez condicións que pon o PSOE para apoiar os orzamentos municipais
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta de Persoal do Concello sopesa a convocatoria de folga por "un conflicto laboral con la totalidad de la plantilla"
Por Diego Espiño |
-
O Concello reorganiza os postos de traballo de varios servizos para unha maior axilidade
Por Alejandro Espiño |