Un "cambio radical" de 300.000 euros para a confraría de O Grove
Por Redacción
Por fin é a quenda da confraría de pescadores de O Grove. ÿ o último pósito pontevedrés que mellorará o seu aspecto exterior e interior. A Deputación de Pontevedra e o Concello meco investirán 300.000 euros na súa reforma integral. O anteproyecto desta obra está en fase de redacción e podería licitarse en "cuestión de semanas", segundo o presidente provincial, Rafael Louzán, quen datou o inicio dos traballos en 2013.
A reforma do edificio será tanto do exterior como do interior e potenciará a funcionalidade, operatividade e comodidade das dependencias. Rafael Louzán explicou que a sede da cofradía, "situada en plena fachada marítima da vila", sofre numerosos desperfectos, especialmente goteiras "que provocan que haxa estancias que se poidan utilizar".
"ÿ unha obra moi necesaria para un sector que é referente no Grove", explicou o presidente da Deputación, tras recordar que gran parte da imaxe exterior do municipio está relacionada coa pesca e o marisqueo.
Os traballos serán similares aos xa efectuados pola Deputación na Casa do Pescador de Vilanova de Arousa, na confraría de Cambados ou na da Illa de Arousa. Ademais destas reformas integrales, a institución provincial promoveu tamén obras de mellora nas sedes dos pósitos de Carril, Portonovo, Vilaxoán, Pontevedra e Raxó.