Confirman o trazado A Ermida-Pilarteiros da A-57, xa só pendiente de licitación
Por Redacción
O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana aprobou o trazado do segundo tramo da autovía A-57, entre A Ermida e Pilarteiros (Pontevedra), un itinerario proposto no estudo de impacto ambiental.
Este trámite deixa este proxecto a un paso da licitación do contrato de servizos para redactar o proxecto de trazado e construción que, unha vez aprobado, definirá a actuación co grao de detalle necesario para facer factible a súa construción e explotación.
O orzamento base de licitación que o Goberno estima para este segundo tramo da A-57 é de 100,15 millóns de euros.
A alternativa seleccionada tras o proceso de información pública e de avaliación ambiental é a denominada alternativa 1, cunha lonxitude aproximada de 5,04 quilómetros.
Conta con sección de autovía, ligazóns nos puntos de orixe e final do trazado, así como unha ligazón intermedia coa estrada N-541 e un viaduto singular para salvar o río Lérez.
En concreto, o tramo contempla unha ligazón na Ermida coa estrada autonómica PO-532, unha ligazón intermedia coa N-541 e unha ligazón en Pilarteiros coa estrada PO-223.
Ademais, inclúe tres viadutos, un de 365 metros de lonxitude sobre o Rego de Cardosa, outro de 461,5 metros sobre o Rego de Xanín e un terceiro de 735 metros sobre o río Lérez.
A autovía A-57, que actuará como circunvalación de Pontevedra e discorrerá en paralelo á autoestrada AP-9, ten en obras o seu primeiro tramo, entre Vilaboa e A Ermida, cun orzamento de 65,34 millóns de euros e unha lonxitude de actuación aproximada de 6,5 quilómetros.
O terceiro e último tramo, entre Pilarteiros e Barro, que inclúe a conexión coa AP-9 en en lugar de Curro, ten aprobado o seu estudo informativo, no que figura un orzamento de 121,8 millóns de euros e unha lonxitude de actuación aproximada de 10,2 quilómetros.
Relacionadas:
-
Pontevedra pide estudar "alternativas" para que a A-57 sexa "menos lesiva" en Xeve e Bora
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Bora e Xeve, contra a A-57: "Non somos dous afectados, somos moitos"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores pide que a A-57 teña o "mínimo impacto" pero defende o "interese xeral" da autovía
Por Alejandro Espiño |
-
Afectados pola A-57 en Bora e Xeve alertan da "destrución de boa parte do rural de Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
Reunión de veciños de Bora e Xeve con Rafa Domínguez ante a "preocupación" pola construción do segundo tramo da A-57
Por Redacción |
-
"Fartos" da falta de solucións tras danar as obras da A-57 a súa traída de auga
Por Redacción |
-
O Goberno 'desbloquea' a A-57 e emite o informe ambiental do tramo entre Marcón e Xeve
Por Alejandro Espiño |