Sanxenxo anima a comerciantes e veciños a "deslumbrar" coa súa propia iluminación de Nadal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Á iluminación do Nadal que decorarán as principais rúas e prazas de todos os núcleos de Sanxenxo, o goberno municipal quere sumar este ano a participación cidadá. Convocou o primeiro concurso de iluminación exterior de Nadal.
Esta actividade, que nace baixo o nome de "Deslumbra co teu Nadal", está destinada a comercios e particulares, aos que se lles pide colaboración para crear un ambiente de Nadal e ilusionante en todos os recunchos do municipio.
Así, a concellería de Cultura, dirixida por Elena Torres, abrirá desde o 15 ao 30 de novembro o prazo de inscrición que se poderá realizar a través da sede electrónica ou de forma presencial no rexistro do Concello.
Haberá dúas categorías, locais comerciais (escaparates e fachadas) e vivendas (decoración exterior), entre as que se repartirán 3.250 euros nun total de seis premios.
Os elementos decorativos deberán permanecer expostos desde o 1 de decembro ata o 6 de xaneiro, ambos inclusive. Entre o 1 e o 4 de decembro, todos os participantes deberán enviar fotos ou vídeos dos seus escaparates, fachadas ou exterior das súas vivendas a culturaterra@sanxenxo.org.
O xurado, que estará composto por un mínimo de cinco persoas, valorará o deseño, a orixinalidade, a iluminación exterior e o coidado do medio ambiente, empregando materiais de reciclaxe ou materias primas naturais.
INSTALACIÓN DA ILUMINACIÓN PÚBLICA
Doutra banda, a empresa que se encargará da iluminación de Nadal nos espazos públicos do municipio, Creaciones Luminosas, xa comezou hai días a instalación dos motivos decorativos. Encargarase da iluminación durante dúas anualidades por 257.699 euros.
As luces alcanzarán 55.886 metros cadrados con ata 71 espazos do municipio e un total de 302 motivos nas sete parroquias.
Relacionadas:
-
O 'Ice park' do aparcamento de Nauta incorpora un touro mecánico e un posto de algodón de azucre
Por Redacción |
-
O Nadal xa invade as rúas de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Todo preparado na Praza de Pascual Veiga para celebrar o aceso das luces do Nadal
Por Redacción |
-
O Fin de Ano contará cun espectáculo piromusical en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Turismo de Sanxenxo saca a licitación a iluminación do Nadal por 257.699 euros por dous anos
Por Redacción |
-
O 'Belén de Sanxenxo', con case 300 bonecas, está aberto os 365 días do ano
Por Redacción |