Pontevedra participa das concentracións contra o "xenocidio" do pobo palestino
Por Redacción
Dezaseis localidades galegas acolleron onte á noite concentracións contra o "xenocidio" que está a sufrir o pobo palestino, condenando a resposta militar de Israel na franxa de Gaza tras os atentados de Hamás e a "complicidade" que aprecian na comunidade internacional.
En Pontevedra, decenas de persoas secundaron esta protesta na Praza da Peregrina, onde ondearon bandeiras palestinas e coreáronse cánticos contra a actitude de Israel.
Todos os asistentes quixeron mandar así unha mensaxe clara de apoio e solidariedade co pobo palestino, xa que consideran que a situación actual "súmase a unha longa lista de crimes" e ao "apartheid" que o pobo de Palestina sofre desde hai décadas.
Así, reclamaron "liberdade para Palestina" e que a comunidade internacional, entre eles o Estado español, adopte un papel activo en defensa dos dereitos do pobo palestino.
A esta concentración, convocada polos colectivos Galiza por Palestina, BDS-Galiza, a Asociación Galaico Árabe Jenin e Mar de Lumes, acudiu o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que estivo acompañado por varios edís do goberno municipal.
Relacionadas:
-
A cultura galega únese no Pazo da Cultura "contra a barbarie" en Palestina
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
"Cultura contra a barbarie", a gala solidaria para axudar dende Pontevedra o pobo palestino
Por María José Pita |
-
Novo acto de solidariedade co pobo palestino na praza da Peregrina
Por Anxo Lourido |