Sanxenxo superou os 145.000 turistas entre xaneiro e maio, en plena tempada baixa
Por Redacción
O informe que Orange realizou para a Mancomunidade do Salnés reflicte que, entre xaneiro e maio, Sanxenxo recibiu un total de 145.611 turistas, o que demostra, segundo o Concello, o peso que está a adquirir o municipio en plena tempada baixa.
Todos estes turistas, segundo esta análise que recolle todos os aloxamentos que existen, apartamentos, cámpings, vivendas turísticas, segundas residencias e hoteis, sumaron 621.391 pernoitas nestes cinco primeiros meses do ano.
Ademais, o informe tamén permite saber que, do total de viaxeiros, 22.558 pernoitaron máis de quince noites seguidas en Sanxenxo, que sería o caso dos que teñen en Sanxenxo a súa segunda residencia ou alugaron unha vivenda turística.
O goberno municipal esperará a saber os datos de outubro, novembro e decembro para obter unha radiografía completa de como se comporta o municipio en tempada baixa, pero este primeiro avance "apunta a un nivel de viaxeiros e pernoitas impensables hai uns anos".
Outro dato relevante deste estudo son as persoas que acoden a Sanxenxo a pasar parte do día, pero que a diferenza dos turistas non pernoitan no municipio. Foron 628.034 persoas entre xaneiro e maio de 2023.
O Concello destaca que "o bo facer e a profesionalización do sector turístico está a consolidar Sanxenxo como un destino os 365 días do ano" e promete seguir traballando na mellora das infraestruturas e servizos para seguir crecendo durante a tempada baixa.
Entre estes proxectos, Sanxenxo enmarca a modernización da rede de auga, saneamento e depuración, a mellora dos portos de Portonovo e Sanxenxo, o Centro Gastronómico Rías Baixas do Pazo de Quintáns, o novo mercado, a recuperación do litoral da ría de Arousa ou as melloras previstas na contorna da Lanzada.
Relacionadas:
-
467 barcos de dez países recalaron en 2023 no porto de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo conta con 303 bares, 112 restaurantes e 22 cafeterías
Por Oskar Viéitez |
-
Unhas mesas interpretativas informarán sobre cinco igrexas de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Setembro consolídase en Sanxenxo como o terceiro mes con mellores datos turísticos do ano
Por Redacción |
-
Sanxenxo, segunda localidade do norte de España con máis turismo en agosto
Por Redacción |
-
Sanxenxo expón datos de actividade turística e do paro para facer un balance "moi positivo" deste verán
Por Redacción |