Advirten que os novos pantaláns do Náutico serían "incompatibles" coa Bandeira Azul na Panadeira
Por Redacción
Un novo organismo situouse contra a construción dos novos pantaláns do Náutico de Sanxenxo. Trátase de Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), a entidade que concede anualmente as coñecidas Bandeiras Azuis. E faino situándose coa tese tanto de SOS Panadeira como do Concello de Sanxenxo, advertindo dos efectos que dita infraestructura causaría na praia de Panadeira.
"Se finalmente se executa esta obra tal e como está pensada, a praia de Panadeira, aínda se cumprise con todos os demais criterios imperativos, non podería ser considerada zona de baño, ao ser incompatible coa zona portuaria", sinala esta asociación nunha consulta realizada polo goberno municipal. ÿ dicir, dita praia non podería contar cunha Bandeira Azul ao non cumprirse os requisitos aos que obriga este distintivo.
No escrito, rexistrado este luns no Concello de Sanxenxo, a organización deixa claro que a existencia de obras é disconforme co logro do galardón e asegura non estar en contra das ampliacións de portos deportivos, iso si, "sempre que haxa unha necesidade xustificada, uns estudos de impacto ambiental e un consenso social", aspectos que, nesta ocasión, non se cumpren, segundo Adeac.
Adeac recorda que existen uns criterios imperativos e outros guía a cumprir á hora de optar ao ecodistintivo internacional, establecendo un deles que a área da praia, as súas instalacións e actividades, así como a súa contorna inmediata, deben cumprir cos plans oficiais de desenvolvemento e ordenación do territorio para a súa zona costeira e coa lexislación litoral e ambiental.
"Tanto a localización das súas instalacións como a utilización da área da praia e a súa contorna inmediata deben ser obxecto dunhas orientacións xerais de planificación, que inclúan estudos de impacto ambiental", recolle o informe, que recorda que "os pantaláns están en contra das orientacións xerais do propio Concello e de Nauta Sanxenxo", propietaria do porto deportivo.
A asociación ambiental alude, á súa vez, ao criterio referido ao mantemento e aparencia dos edificios e instalacións da praia e a súa contorna, debendo ter certeza da súa seguridade e de que non interferen na aparencia xeral e estética do arenal. Esta recomendación tamén se infrinxiría neste caso xa que "cos pantalanes que se pretenden dito espazo quedaría reducido a uns 30 metros, desmellorando a aparencia razoable do litoral e da estética da praia e do porto".
Adeac insiste especialmente no alto risco para a seguridade que conlevará o feito de achegar o tránsito de embarcacións, con e sen motor, á zona de baño, algo "totalmente incompatible con Bandeira Azul", e que supón o incumprimento doutro dos requisitos esixidos para lograr o prestixioso distintivo.
Por todo iso, a organización asegura descoñecer "cales son os argumentos que puidesen xustificar unhas obras aparentemente en contra do desenvolvemento sostible de Sanxenxo", afirmación que sostén tras visualizar as fotografías onde, "con baixamar vense as columnas de suxeción dos pantaláns prácticamente rozando as rocas existentes na contorna da praia de Panadeira e en toda a franxa costera ata a chamada praia dos Barcos".
Relacionadas:
-
Nauta Sanxenxo solicitará ao xulgado que paralice as obras dos peiraos do Náutico
Por Redacción |
-
O Náutico de Sanxenxo instala os pantaláns na Panadeira, tras transportalos por mar desde Marín
Por Redacción | Creada e actualizada
-
200 persoas apoian a protesta de S.O.S. Panadeira contra as obras do Náutico
Por Redacción |