Mosquera dubida de que neste mandato a Deputación faga "algo" en Santa Clara
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo do BNG na Deputación de Pontevedra, César Mosquera, dúbida de que neste mandato o Goberno provincial acometa a rehabilitación do convento de Santa Clara.
O ex vicepresidente da Deputación e anterior responsable do Museo de Pontevedra manifestou nun almorzo informativo que "en Santa Clara dubido moito que neste mandato se vaia a facer algo" despois da decisión do actual vicepresidente Rafa Domínguez de frear o proxecto de rehabilitación que estaba en marcha.
O estudo Nieto Sobejano gañou o concurso de ideas promovido polo anterior equipo pero agora foi descartado polo novo goberno da Deputación de Pontevedra que ten previsto elaborar outra proposta distinta para este recinto.
Unha vez paralizado o proxecto, César Mosquera considera que volver poñer o proceso en marcha é "moi complicado" polo que cre neste mandato non se actuará en Santa Clara "a menos que cambie moito e o presidente dígalle a Domínguez que por aí imos mal. Pero non vai mal, vai peor".
Mosquera tampouco cre que esta decisión sexa "unha ocorrencia do señor Domínguez" senón que, desde o seu punto de vista, o problema é que "cando non hai ganas de meter cartos nun sitio empézase a dicir que é moi caro, que hai que reestudiarlo, e xa sabemos cal é a consecuencia: que non se fai ou se atrasa ad calendas graecas", é dicir, para un momento que non ha de chegar.
Como exemplos desta artimaña política Mosquera citou outros proxectos que tamén se están vendo atrasados repetidamente como son a construción da Variante de Alba, a dragaxe do río Lérez ou a rehabilitación do edificio de Facenda na Ferrería.
O deputado do BNG lembrou que o próximo 15 de outubro péchase o prazo para presentar as solicitudes de axuda para rexenerar e rehabilitar o Patrimonio histórico no marco do Programa 2% Cultural do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana. A solicitude da Deputación para rehabilitar Santa Clara "estaba practicamente feita co anterior equipo directivo" pero "nin se preguntou por iso nin se vai a solicitar".
EDIFICIOS HISTÓRICOS
Neste encontro coa prensa César Mosquera tamén se referiu á reforma integral das sedes centrais do Museo de Pontevedra, os edificios García Flórez e Castro Monteagudo, que contan cun orzamento próximo aos oito millóns de euros, incluíndo unha subvención de tres millóns de euros do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) no marco dos fondos do Next Generation.
O prazo de execución era 24 meses e a intención do anterior Goberno provincial era iniciar a mellora a finais deste ano, pero o calendario da actuación aínda é unha incógnita polo que Mosquera alerta de que este proxecto "non vai estar acabado neste mandato" e advertiu de que "como sigan nesta dinámica van perder os tres millóns do PIREP".
Os traballos de consolidación, restauración e interconexión mediante o subsolo dos edificios centrais situados na Praza da Leña "nestes momentos debían estar para empezar as obras" xa que "quedou o proxecto aprobado era cuestión de abrir a licitación".
"Os edificios centrais non van estar en funcionamento neste mandato a menos que alguén pete encima da mesa e diga que xa vale de enredos", concluíu Mosquera.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez agarda que en 2027 estea finalizada a reforma de Santa Clara
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Luis López confía na negociación aberta con Nieto Sobejano para adaptar o seu proxecto para Santa Clara
Por Oskar Viéitez |
-
O Goberno provincial percorre o convento de Santa Clara da man da directora do Museo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Deputación deixa sen cartos os anteriores plans de compostaxe e mobilidade do BNG
Por Oskar Viéitez |
-
Lores trasladará o luns no encontro con Rueda o seu malestar polos orzamentos "decepcionantes" da Xunta
Por Anxo Lourido |
-
Lores confía en que o presidente da Deputación manteña os compromisos adquiridos respecto ao futuro de Santa Clara
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Mosquera acusa a Domínguez de "desfacer todo o feito" e actuar de "destroyer" co Museo e Santa Clara
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación descarta os proxectos para Santa Clara para evitar unha "catástrofe sin igual" coa "vandalización" dos xardíns
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |