A xunta de personal do CHOP espera que Feijóo tome exemplo da paralización en Madrid da xestión privada sanitaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Este martes 28 comezaron as concentracións ante os Hospitais e centros de saúde de Pontevedra, convocadas pola xunta de persoal do Complexo Hospitalario (CHOP) para protestar contra o desmantelamento da sanidade pública, os traslados de pacientes da área sanitaria norte a Santiago e a externalización do servizo de esterilización.
A noticia da paralización en Madrid da privatización da xestión sanitaria converteuse nun revulsivo para os representantes dos traballadores dos hospitais de Pontevedra. A presidenta da xunta de persoal, Carmen Revenga, sinalaba que "eso va a tener consecuencias aquí, esto era la punta del iceberg". E engadía que "tenemos que seguir defendiendo lo público porque viendo que en Madrid consiguieron frenar esa monstruosidad, a ver si conseguimos lo mismo aquí. No queremos ser el hazmerreír de toda España siendo una de las dos comunidades que introduce el copago de medicamentos hospitalarios".
A voceira dos traballadores indicou que aínda non teñen ningunha noticia sobre a reunión solicitada á Conselleira de Sanidade á que "queremos pedirle por qué se adoptan estas decisiones, cuando no se contó con el personal" referíndose á externalización do servizo de esterilización do Hospital pontevedrés, que segundo indicou se trata dun servizo que funciona de xeito modélico. "¿A quién se lo quieren dar? ¿A amigos suyos?", concluíu.
O representante de Comisións Obreiras, Rafael Vázquez, tamén indicou que o SERGAS quere crear centros de atención de crónicos que "serán 'guettos de cronicidade'. Segundo denunciaba o sindicalista "nos hospitais, á xente con patoloxías crónicas ou maior con problemas lles están retrasando as consultas e non lles dán a atención que tiñan que ter".
A xunta de persoal ten convocada outra concentración para o próximo xoves ás 12:00 horas, día no que se reunirán para decidir se adoptan outras medidas máis contundentes de protesta contra as medidas adoptadas pola Xunta en materia sanitaria.
Na concentración desta mañá no Hospital Provincial tamén estiveron presentes o Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto a outros concelleiros da corporación como o nacionalista Raimundo González ou os socialistas, Agustín Fernández ou Carlota Román.
Relacionadas:
-
O persoal sanitario intentará "implicar al usuario" ante a manifestación do 14 de febreiro
Por Diego Espiño |
-
SOS Sanidade Pública convoca para o 14 de febreiro unha manifestación contra a reordenación sanitaria
Por Redacción |
-
A xunta de persoal dos Hospitais de Pontevedra convoca protestas contra o traslado de doentes a Santiago
Por Anxo Lourido |