Nin a calor desloce a secular Danza das Espadas de Marín
Por Cristina Saiz & Redacción
Marín celebrou este domingo unha das súas festividades máis representativas, San Miguel, e, como é habitual, o momento máis esperado e multitudinario foi o tradicional baile da Danza de Espadas.
A xornada comezou cun acto institucional ás 11 da mañá no salón de plenos do Concello, no que o Padroado de San Miguel entregou as distincións aos confrades de honra e impuxéronse as espadas de prata e douradas aos danzantes.
Ao mediodía, a comitiva dirixiuse ao Templo Novo do Parque Eguren, onde se celebrou unha misa solemne cantada polo Coro Thalassa.
A continuación, foi a quenda da esperada procesión e baile. A partir das 13.00 horas, o santo San Miguel comezou o seu percorrido cara á praza do Reloxo, coas habituais paradas #ante o palco de música da alameda e a praza de España para realizar o colorido e vistoso baile de catro séculos de antigüidade.
Durante todo o percorrido e nas tres paradas para o baile -alameda, praza de España e praza do Reloxo-, as cintas de cores azuis, vermellos e brancos compartiron protagonismo coa calor, que ao mediodía pegou forte en Marín, pero ou conseguiu deslucir a secular tradición.
Unha ofrenda floral na praza do Reloxo foi o colofón á xornada.
Relacionadas:
-
Raias, sol e diversión para un novo San Migheleiro
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Marín xa ensaia á súa Danza de Espadas para festexar o San Miguel
Por Redacción |
-
Xa hai acordo para celebrar o San Migheleiro: será o 30 de setembro
Por Redacción |
-
Cando se celebrará o San Migheleiro?
Por Redacción |
-
San Miguel, o 29 de setembro, data establecida para marcar o acto institucional e o San Migheleiro
Por Redacción |
-
A 'Danza de Espadas' de Carlos Núñez, en primicia en Marín
Por Redacción |
-
Marín recuperou a Danza de Espadas
Por Redacción |