Atracan a oficina do Banco Pastor en Seixo (Marín)
Por Natalia Puga
Un atracador armado cun coitelo atracou esta mañá a sucursal do Banco Pastor en Seixo (Marín). Tras conseguir un botín de 6.000 euros fuxiuse a pé e está a ser buscado pola Policía Nacional.
A Policía Nacional indicou que o atraco se produciu ás 9.30 horas da mañá. Nese momento había un único traballador na oficina bancaria e ningún cliente.
Ao parecer, un home entrou na oficina tapado cunha braga e unha gorra, dirixiuse directamente ao mostrador e sacou un coitelo para ameazar o empregado.
O traballador entregoulle todo o diñeiro que tiña na súa caixa, que a Policía Nacional cifra en 6.000 euros.
Tras facerse co botín, o home saíu a pé da oficina, momento que aproveitou o traballador para dar alerta do sucedido á Policía.
Tras ter coñecemento do atraco, a Policía Nacional despregou un amplo dispositivo de busca para localizar o ladrón.