Estrea frustrada da feira na avenida Bos Aires: ocupan a rúa con postos, pero sen venda e colapsan o tráfico

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz
Novo sábado sen feira ambulante en Pontevedra. Este 30 de setembro estaba prevista a estrea da nova localización elixida polo Concello para a actividade do mercadillo na avenida Bos Aires, pero os feirantes, como xa anunciaran, non a secundaron. Si instalaron a estrutura dalgún posto para ocupar a rúa e garantir que o tráfico seguise pechado e, ademais, protestaron colapsando a circulación pola contorna.
O dispositivo especial de tráfico deseñado pola Policía Local de Pontevedra para garantir a celebración da feira en Bos Aires empezou a circular á primeira hora da mañá.
A partir das 7.00 horas, pechouse a circulación na avenida, deixando abertos os carrís en sentido ponte da Correntes - ponte de Santiago para que puidesen acceder os vehículos ao mercado municipal, o centro histórico e o aparcamento, e pechouse o resto para permitir a instalación dos postos da feira.
Unha hora despois, unha vintena de feirantes presentouse na zona con intención de realizar a súa habitual protesta dos sábados, na que percorren a cidade nos seus coches en caravana, e sen intención de montar os seus postos de venda ambulante.
Con todo, si montarón a estrutura dalgún deses postos e colocaron as súas pancartas reivindicativas para garantir que, desta forma, a avenida non puidese abrirse ao tráfico.
Tras algún pequeno enfrontamento con vendedores da praza de abastos que lles reprochaban a súa actitude, procederon a realizar a súa habitual protesta, que este sábado propuxo maiores colapso de tráfico que os habituais.
Así, por unha banda, activaron os semáforos de peóns da zona de Domingo Fontán e o pavillón municipal, provocando atascos na circulación. Por outro, ao redor de 20 coches dos feirantes crearon unha caravana coa que paralizaron a circulación da cidade, provocando que o tráfico fose moito máis lento do habitual.
Tras esta estrea frustrada, mantense activo o conflito que se mantén desde hai meses entre os feirantes e o Concello de Pontevedra pola localización do mercadillo e os vendedores mantéñense firmes na súa intención de montalo na Alameda ou, como moito, de forma temporal na avenida de Bos Aires, pero con estritas condicións que agora mesmo non se cumpren.
Relacionadas:
-
A feira ambulante dos sábados regresa, seis meses despois, ao punto de partida
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Procesión mortuaria dos vendedores ambulantes para reivindicar a feira na Alameda
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Rafael Areses volverá acoller feirantes a partir deste sábado 14 de outubro
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
Tres meses sen feira en Pontevedra, segundo o PSOE, pola "terquedade" do goberno municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Os ambulantes manteñen o pulso e néganse por segunda semana a montar a feira en Bos Aires
Por Diego Espiño |
-
Restricións de tráfico na avenida de Bos Aires polo traslado da feira ambulante
Por Redacción |
-
Os feirantes mantéñense firmes na súa postura: "Non renunciamos a estar na Alameda. Nin renunciaremos"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Concello asume que os feirantes non instalarán este sábado os seus postos en Bos Aires
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez, "dispuesto" a aprobar os orzamentos de 2024 se Lores abre Raíña Vitoria e devolve a feira á Alameda
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE critica o traslado da feira a Bos Aires por ser unha "nova arroutada con tintes revanchistas"
Por Oskar Viéitez |